Cómodo

emperador romano entre 161 e 192

Marcus Aurelius Commodus Antoninus, máis vulgarmente chamado Cómodo (31 de agosto, 161, Lanuvio - 31 de decembro, 192, Roma) foi un Emperador Romano que gobernou de 180 a 192.

Infotaula de personaCómodo

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Lucius Aelius Aurelius Commodus
(la) Marcus Aurelius Commodus Antoninus
(la) Lucius Aelius Aurelius Commodus Augustus Herculeus Romanus Exsuperatorius Amazonius Invictus Felix Pius Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(la) Lucius Aelius Aurelius Commodus Editar o valor em Wikidata
31 de agosto de 161 Editar o valor em Wikidata
Lanuvium (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte31 de decembro de 192 Editar o valor em Wikidata (31 anos)
Roma Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata (Estrangulamento (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCastelo de Sant'Angelo Editar o valor em Wikidata
Emperador romano
177 – 31 de decembro de 192
← Marco AurelioPertinax →
Senador romano
Cónsul romano
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
RelixiónRelixión na Roma antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma Antiga Editar o valor em Wikidata
Ocupacióngobernante Editar o valor em Wikidata
Período de tempoHigh Roman Empire (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloAugusto (título) Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastia nerva-antonina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeBrútia Crispina (pt) Traducir (178–) Editar o valor em Wikidata
ParellaMarcia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisMarco Aurelio Editar o valor em Wikidata  e Faustina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMarco Ânio Vero César (pt) Traducir, Annia Aurelia Galeria Faustina (en) Traducir, Víbia Aurélia Sabina (pt) Traducir, Fadila (pt) Traducir, Lucila (pt) Traducir, Ânia Cornifícia Faustina Menor (pt) Traducir, Titus Aurelius Fulvus Antoninus (en) Traducir e Domitia Faustina (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Commodus-1 Find a Grave: 35047920 Editar o valor em Wikidata

Era fillo de Marco Aurelio e de Faustina a Nova e foi o primeiro emperador, nunha serie de cinco, en ascender ao poder por lazos de sangue e non por adopción. A Cómodo sorprendeuno a morte do seu pai mentres completaba a submisión dos cuados. Firmou apresuradamente a paz cos cuados, marcomanos e buros e volveu a Roma. Este emperador era a antítese de Marco Aurelio. Cruel, caprichoso, corrupto e apaixonado dos combates dos gladiadores, nos que el mesmo participaba, ergueu as iras do Senado, alleouse do apoio do exército e non tardaron en se urdir conspiracións para o apartar do poder.

A estabilidade que oferecía o mecanismo sucesorio, e que tan bos resultados dera nos anos anteriores, entrou en crise. Estalaron motíns nas provincias e na mesma Roma, neste último caso pola carestía das subsistencias, e que se atribuíron aos manexos especulativos de Cleandro, favorito do emperador.

O sistema estaba canso, o que se traducía nunha progresiva ineficacia, e non sería xusto dicir que toda a responsabilidade era de Cómodo, pero non é menos certo que a súa desastrosa actuación agravou unhas condicións que terían necesitado dun gobernante enérxico, capaz e honrado para lle poñer freo.

Os derradeiros anos de Cómodo foron un auténtico delirio de extravagancias e crueldades da mais impúdica exhibición, dunha megalomanía que parecía non ter límites. O emperador presentouse como un deus e obrigou a adoptar o adxectivo de "comodiano" para designar todas as institucións. Incluso parece que pretendeu trocar o nome de Roma. Tramáronse numerosas conspiracións contra el mesmo, que eliminou con numerosas execucións nas que foron vítimas familiares e colaboradores. Nunha delas, tramada pola súa concubina Marcia, foi asasinado por un gladiador.

Tras o seu asasinato, o Senado votou a damniato memoriae, isto é, a condena da súa lembranza, polo que o seu nome foi borrado e omitido, e todos os seus decretos e disposicións, anulados.

As películas A caída do Imperio Romano (1964) e Gladiator (2000) están baseadas parcialmente na vida de Cómodo, mais débese ter cautela na rigorosidade histórica das mesmas.

Imperio Romano

Segue a:
Marco Aurelio
Cómodo
Precede a:
Pertinax
Dinastía dos Antoninos