Roberto I de Artois

aristócrata francés

Roberto I de Artois o Bo, nado en 1216 e finado en El-Mansura, Exipto, en 1250, foi príncipe de Francia e conde de Artois (1237 - 1250), condado que o seu pai lle entregou e do que foi o primeiro conde.

Infotaula de personaRoberto I de Artois

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Robert Ier d'Artois Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de setembro de 1216 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Francia Editar o valor em Wikidata
Morte9 de febreiro de 1250 Editar o valor em Wikidata (33 anos)
Mansura Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorto en combate Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoSétima Cruzada (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloCount of Artois (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía dos Capetos Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMatilda de Brabante, Condessa de Artois (pt) Traducir (1237 (Gregoriano)–) Editar o valor em Wikidata
FillosBranca de Artois (pt) Traducir, Roberto II el Noble Editar o valor em Wikidata
PaisLois VIII de Francia Editar o valor em Wikidata  e Branca de Castela Editar o valor em Wikidata
IrmánsIsabel de França (pt) Traducir, Lois IX de Francia, Carlos de Anjou, João de Maine (pt) Traducir e Afonso III de Poitiers (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Capet-662
Escudo do condado de Artois

Traxectoria editar

Orixes familiares editar

Foi o terceiro fillo do rei Lois VIII de Francia e da súa muller Branca de Castela. Era neto por liña paterna de Filipe II de Francia e Isabel de Hainault, e por liña materna de Afonso VIII de Castela e Leonor de Inglaterra. Era irmán dos reis Lois IX de Francia e Carlos I de Nápoles.

Matrimonio e descendentes editar

Casou o 14 de xuño de 1237 en Compiègne con Matilde de Artois, filla de Henrique II de Brabante e María de Suabia. Deste matrimonio naceron:

A Sétima Cruzada editar

Participou na Sétima Cruzada, dirixida polo seu irmán Lois IX de Francia. Despois de tomar Damieta, o emir Fakhr al-Dihn puido atrasar o avance cruzado en Mansura ata febreiro de 1250. Roberto I de Artois e os templarios conseguen derrotar e matar a Fakhr al-Dihn, pero logo invaden a cidade desordenadamente, e o xefe mameluco, Baibars al-Bunduqdarí, envía un contraataque letal para os cruzados no que o irmán do rei atopa a morte.

Véxase tamén editar