Lamberto I de Nantes

Lamberto I foi conde de Nantes e prefecto da Marca de Bretaña entre o 818 ata o 831 e duque de Spoleto entre o 834 e o 836. Lamberto sucedeu ao seu pai Guido de Nantes.

Lamberto I de Nantes
Nacemento796
Lugar de nacementoNantes
Falecemento30 de decembro de 836
Lugar de falecementoTesino
Ocupaciónaristócrata
PaiGuy of Nantes
CónxuxeAdelaide
FillosLambert II of Nantes, Guido I de Spoleto e Itta
IrmánsGuiu II de Vannes
Na rede
WikiTree: Spoleto-13
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Lamberto participou nunha expedición comezada por Lois o Piadoso en 818 contra os bretóns, quen proclamaran rei a Morvan Lez-Breizh. No 822, un novo xefe bretón Wiomarc'h rebelouse, pero someteuse en maio de 825 en Aachen. Á súa volta a Bretaña, Lamberto asasinouno.

En 831, Lamberto uniuse á rebelión de Lotario I contra Luís e mandárono ao exilio alén dos Alpes, onde lle deron o ducado de Spoleto en 834. foi un dos moitos compañeiros de Lotario que morreron nunha epidemia en 836.

A Lamberto sucedeuno o seu segundo fillo Lamberto en Nantes e o seu fillo máis vello Guido en Spoleto. Tiña un fillo máis novo chamado Warnar (morreu en 852) e unha filla chamada Dove que foi abadesa de Craon.