Ardashir III (en persa medio:, e en persa moderno: اردشیر سوم), nado en 621 e finado o 27 de abril de 629, foi un rei sasánida que gobernou dende o 6 de setembro de 628 ata o 27 de abril de 629.

Ardashir III
Gran Rei (Shah) de Ērānshahr
Moeda sasánida de Ardashir III.

Reinado6 de setembro de 628 – 27 de abril de 629
Nacemento621
Falecemento27 de abril de 629
PredecesorKavadh II
SucesorShahrbaraz
ProxenitoresKavadh II
Anzoy a romana

Traxectoria editar

Ardashir era fillo de Kavadh II (r. 628) e "Anzoy a romana". A súa nai era probablemente orixinaria do Imperio Bizantino.[1] Ascendeu ó trono con só sete anos, mais na realidade exerceu pouco poder real e o seu imperio foi controlado polo ministro Mahadharjushnas, cuxo deber era protexer o imperio ata que Ardashir fose maior de abondo para gobernar. Porén, en 629, Shahrbaraz, un spahbed, rebelouse contra Ardashir, e capturou Ctesiphon, matando ó neno rei xunto con Mahadharjushnas.[2]

Notas editar

  1. Martindale, Jones & Morris (1992), p. 94
  2. Pourshariati (2008), p. 179-181

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar