Euquerio (bispo de Lión)


Euquerio de Lión (en latín: Eucherius Lugdunensis), nado en Lión no 380 e finado no 449, foi un eclesiástico de clase alta da igrexa cristiá da Galia romana. É lembrado polas súas cartas que defenden a abnegación extrema. Dende 439, serviu como arcebispo de Lión, e Henry Wace clasificouno como "o ocupante máis distinguido desa sé" despois de Ireneo.[1] É venerado como un santo dentro da Igrexa Católica.[2]

Infotaula de personaEuquerio

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Eucher de Lyon Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento380 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Lión Editar o valor em Wikidata
Morte449 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (68/69 anos)
Lión Editar o valor em Wikidata
Bispo de Lyon
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote , escritor Editar o valor em Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor em Wikidata
ProfesoresHonoratus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa19 de novembro Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeGalla Editar o valor em Wikidata
FillosSalonio de Xenebra, Verano de Venza Editar o valor em Wikidata

WikiTree: UNKNOWN-84772

Traxectoria editar

Á morte da súa muller Gala, como era habitual no século V, Euquerio retirouse cos seus fillos, Verano e Salonio, ao mosteiro de Lérins durante un tempo.[3] Alí viviu unha vida de estudo sinxela, dedicándose á educación dos seus fillos. Pouco despois retirouse máis lonxe aínda á illa veciña de Lerona (illa Santa Margarida), onde dedicou o tempo ao estudo e á mortificación da carne. Coa idea de que podería unirse aos anacoretas nos desertos de Oriente, consultou a Xoán Casiano, o famoso eremita que chegara de Oriente a Marsella. Casiano dedicou o segundo conxunto das súas Collationes (11–17) a Euquerio e Honorato, o fundador de Lérins. Estes describen a vida cotiá dos eremitas da Tebaida exipcia e discuten sobre a graza, o libre albedrío e as escrituras.[2]

Aínda que imitaba o estilo de vida ascético dos eremitas exipcios, Euquerio mantívose en contacto con homes coñecidos pola súa sabedoría e piedade: Casiano, Honorato, Hilario de Arlés, Claudio Mamerto, Agroecio (que lle dedicou un libro) e Sidonio Apolinar. A fama de Euquerio pronto foi tan estendida no sueste da Galia que foi elixido bispo de Lión no 434.[4] Asistiu ao primeiro concilio de Orange como metropolitano de Lión en 441, mantivo este título ata a súa morte.[2] No bispado sucedeuno o seu fillo Verano, mentres que Salonio converteuse en bispo de Xenebra.

Obra editar

Euquerio escribiu moitas obras en latín. Ao redor de 428, Euquerio escribiu o seu ensaio epistolar "De laude eremi" ("Sobre o eloxio do deserto"), dirixido a Hilario de Arlés[2]. O seu "Liber formularum spiritalis intelligentiae" (Un libro de fórmulas para a intelixencia espiritual), dirixido ao seu fillo Verano, é unha defensa as lecturas alegóricas da Biblia. Entre outras cartas de Euquerio están as súas Institutiones ad Salonium, dirixidas ao seu outro fillo, e unha carta a Fausto de Lérins na que se describe a súa peregrinación a Xerusalén.[5]

A "Epistola paraenetica ad Valerianum cognatum, de contemptu mundi" ("Epístola de exhortación ao seu parente Valeriano, Sobre o desprezo do mundo") é unha expresión da preocupación polo presente e o futuro do mundo, con esperanza no porvir; corrente tratada por varios homes cultos da antigüidade tardía. Erasmo de Rotterdam tíñao en tal alta consideración que o volveu editar e publicouno en 1520 en Basilea.

Notas editar

  1. Dictionary of Christian Biography and Literature to the End of the Sixth Century A.D., with an Account of the Principal Sects and Heresies.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Clugnet, Léon (1909). St. Eucherius. Catholic Encyclopedia. Vol. 5. New York City.
  3. Waarden, Joop van, "Eucherius of Lyon", Brill Encyclopedia of Early Christianity Online, (General Editor David G. Hunter, Paul J.J. van Geest, Bert Jan Lietaert Peerbolte)
  4. Monks of Ramsgate. "Eucherius". Book of Saints 1921. CatholicSaints.Info. 17 January 2013 Este artigo incorpora texto desta fonte, que é de dominio público.
  5. John Wilkinson, Jerusalem Pilgrims before the Crusades (Ariel Publishing House, 1977), pp. 3–4

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Salvator Pricoco, 1965. Eucherii De Laude eremi (Universidade de Catania) Esta edición establece o mellor e máis recente texto en latín.
  • Bishop of Tours Gregory, Historia Francorum (A historia dos Francos) (London, England: Penguin Books, Ltd., 1974).
  • Ford Mommaerts-Browne, "A Speculation", http://archiver.rootsweb.ancestry.com/th/read/GEN-ANCIENT/2004-03/1079586413.
  • Sidonius Apollinaris, The Letters of Sidonius (Oxford: Clarendon, 1915)
  • K. Pollmann, "Poetry and Suffering: Metrical Paraphrases of Eucherius of Lyons’ Passio Acaunensium Martyrum," nas de Willemien Otten e Karla Pollmann, Poetry and Exegesis in Premodern Latin Christianity: The Encounter between Classical and Christian Strategies of Interpretation (Leiden and Boston: Brill, 2007) (Vigiliae Christianae, 87).