Manuel Lois Vázquez

médico, xornalista e escritor galego

Manuel Nolaso Lois Vázquez, nado en Maside o 29 de xaneiro de 1868 e finado no mesmo concello o 29 de xuño de 1899, foi un médico, xornalista e escritor galego.

Infotaula de personaManuel Lois Vázquez
Biografía
Nacemento29 de xaneiro de 1868 Editar o valor em Wikidata
Maside, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de xuño de 1899 Editar o valor em Wikidata (31 anos)
Maside, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , médico , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou no Colexio-Seminario Menor de Nosa Señora dos Milagres e despois fixo o bacharelato no Instituto de Ourense, rematando en 1883. Cursou a carreira de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade de Valladolid, licenciándose na de Compostela en 1896. Desde outubro de 1896 exerceu como médico municipal en Maside. Colaborou en O Tio Marcos d'a Portela, A Tía Catuxa O Galiciano, A Monteira, Álbum Literario e El Eco de Galicia. Asinou algunhas das súas composicións co pseudónimo Mefistófeles e outras cos anagramas Leunam Siol e Nunelasoli.

Obras editar

  • Ensayos literarios. Suspiros del corazón, 1886.
  • Don Diego López Pindo, 1886.
  • Brisas gallegas, 1890.
  • Horas perdidas, 1899.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar