Andrés Aguiar Caamaño

relixioso galego

Andrés Aguiar Caamaño, nado en Cervaña (Silleda) o 20 de febreiro de 1728 e finado en Mondoñedo o 12 de novembro de 1816, foi un relixioso galego.

Infotaula de personaAndrés Aguiar Caamaño
Biografía
Nacemento20 de febreiro de 1728 Editar o valor em Wikidata
Cervaña, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de novembro de 1816 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Mondoñedo, España Editar o valor em Wikidata
Bispo de Mondoñedo
18 de decembro de 1797 –
← Francisco Cuadrillero Mota (en) TraducirBartolomé Cienfuegos (en) Traducir →
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1798–), sacerdote católico Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónFelipe Antonio Fernández Vallejo Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 3157

Traxectoria editar

Estudou Filosofía na Universidade de Santiago e Teoloxía na Universidade de Ávila. En 1755 era director do Colexio de San Clemente, e en 1756 gañou por oposición a mestría da colexiata da Coruña. Despois acadou a praza en Lugo, e en 1776 era chantre da Catedral de Santiago de Compostela, da que foi nomeado deán en 1794. En 1796 foi nomeado bispo de Mondoñedo, cargo que ocupou durante a Guerra de Independencia española.

En 1758 participou nas exequias pola raíña Bárbara de Bragança, esposa de Fernando VI. En 25 de xaneiro de 1795 o rei Carlos IV de España nomeouno cabaleiro eclesiástico da Orde de Carlos III[1].

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Bibliografía editar

Notas editar