Antoine François de Fourcroy

químico francés

Antoine François de Fourcroy, nado o 15 de xuño de 1755 en París e finado o 16 de decembro de 1809 na mesma cidade, foi un químico, entomólogo e político francés. Foi deputado na Convención Nacional da Revolución Francesa, e conde imperial desde 1808.

Infotaula de personaAntoine François de Fourcroy

Antoine-François Fourcroy,
retratado por Anicet Lemonnier,
París, Musée d'histoire de la médecine
Nome orixinal(fr) Antoine-François Fourcroy Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xuño de 1755 Editar o valor em Wikidata
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte16 de decembro de 1809 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 11 48°51′37″N 2°23′35″L / 48.860283, 2.392995
Grave of Fourcroy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director of the Muséum National d'Histoire Naturelle (en) Traducir
1804 – 1805
Diretor-geral (pt) Traducir ensino público (pt) Traducir
14 de setembro de 1802 – 31 de decembro de 1808
← Pierre-Louis Roederer (pt) TraducirLouis de Fontanes (pt) Traducir →
Director of the Muséum National d'Histoire Naturelle (en) Traducir
1800 – 1801
Councillor of State (en) Traducir
1799 – 1809
Member of parliament for the Seine (en) Traducir
25 de xullo de 1793 – 26 de outubro de 1795 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Educacióncollège d’Harcourt (en) Traducir
Faculté de médecine de Paris (en) Traducir
Universidade de París Editar o valor em Wikidata
Director de teseJean-Baptiste-Michel Bucquet (pt) Traducir e Antoine Lavoisier Editar o valor em Wikidata
Coñecido porCodescubridor do iridio, cofundador da moderna nomenclatura química
Actividade
Ocupaciónquímico , entomólogo , político , Enciclopedista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorRoyal garden of medical plants (en) Traducir, profesor de educación superior (1784–)
Encyclopédie Méthodique (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresJean-Baptiste-Michel Bucquet (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosBernard Courtois (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua francesa e lingua latina Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoLouis Nicolas Vauquelin (pt) Traducir e Bernard Courtois (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaFourcroy Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloCount of the Empire (en) Traducir (1808–) Editar o valor em Wikidata
Premios

Find a Grave: 44170783 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Procedente dunha rama dunha antiga familia boloñesa (de Boulogne-sur-Mer) que perdeu a súa calidade de nobreza cando o seu antepasado converteuse nun comerciante de comestíbeis, era fillo dun boticario do duque de Orleáns, estudos no Collège d'Harcourt da Universidade de París. As dificultades financeiras no negocio do seu pai obrigárono a abandonar a Universidade en Harcourt en 1770, traballando como "raspador de papel" para un secretario do Selo e aprendeu a escribir aos nenos. Estudou medicina co anatomista Félix Vicq d’Azir. En 1780 obtivo o título de doutor pola Facultade de Medicina. A súa atención volcouse especialmente na química pola acción de Jean-Baptiste Bucquet, o seu profesor de química na Escola Médica de París, e en 1784 foi escollido por Pierre-Joseph Macquer como disertante en química no "Colexio do Xardín do Rei", onde os seus relatorios alcanzaron a gran popularidade.

Foi un dos primeiros en apoiar a Antoine Lavoisier, axudándoo a editar voluminosos escritos, pero aínda que o seu nome aparece entre os grandes químicos e nas memorias fisiolóxicas e patolóxicas, só ou con outros, era un mestre e un organizador e investigador orixinal. Foi membro dos comités para a instrución pública e a seguridade pública, e despois, durante o reinado de Napoleón Bonaparte, Director Xeral de Instrución, tomando parte no establecemento de escolas primarias e secundarias.

Pola súa conduta como membro da Convención acusárono de contribuír á morte de Lavoisier. O barón Cuvier no seu Eloge de Fourcroy rexeitou o cargo.

O Catálogo da Sociedade Real de Papeis Científicos enumera 59 memorias de Fourcroy, e 58 escritos en coautoría, segundo L. N. Vauquelin.

En 1785 publicou Entomologia Parisiensis, sive, Catalogus insectorum quae in agro Parisiensi reperiuntur..., en coautoría con Étienne Louis Geoffroy, que foi unha importante achega á entomoloxía.

En 1787 publicou, xunto a Louis-Bernard Guyton de Morveau, Antoine Lavoisier e Claude Louis Berthollet o Méthode de nomenclature chimique, base da moderna nomenclatura química.[1]

Sociedades científicas das que foi membro editar

  • Sociedade Filomática de París
  • Sociedade Linneana de Par's
  • Academia Bávara das Ciencias
  • Academia das Ciencias de Turín
  • Academia das Ciencias de Rusia
  • Academia Real Neerlandesa das Artes e as Ciencias
  • Academia das Ciencias de San Petersburgo
  • Academia Real das Ciencias de Suecia
  • Academia de Agricultura de Francia
  • Academia das Ciencias de Francia

Abreviatura editar

A abreviatura Fourcroy emprégase para recoñeces a Antoine François de Fourcroy como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Galería editar

Notas editar

  1. Guyton de Morveau, Louis-Bernard; Lavoisier, Antoine; Berthollet, Claude-Louis e Fourcroy, Antoine François de (1787): Méthode de nomenclature chimique. Chez Cuchet, 314 pp. (Consultado el o 28 de xuño de 2020).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • "Antoine-François Fourcroy", en Adolphe Robert e Gaston Cougny, Dictionnaire des parlementaires français (1789-1889).
  • "Antoine-François Fourcroy", na Encyclopædia Britannica, 1911.
  • Kersaint, G. (1966): Mémoires du Muséum National d'Histoire Naturelle, Antoine François de Fourcroy, sa vie et son oeuvre. Ed. Muséum, Centre National de la Recherche Scientifique, p. 59.
  • Smeaton, W. (1962): "Fourcroy, 1755 -1809". Cambridge: Heffer & Sons, p. 58.