Domingo Pérez de Barcia

escritor español

Domingo Pérez de Barcia, nado en Pezós en 1649 e finado en México o 3  de novembro de 1713, foi un relixoso e escritor asturiano.

Domingo Pérez de Barcia
Nacemento1649
Lugar de nacementoVilarmarzo
Falecemento3 de novembro de 1713
Lugar de falecementoMéxico
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Natural do lugar de Vilarmarzo era fillo de Domingo Pérez de Barcia, rexedor en Pezós e máis de Catalina Álvarez de Monteserín. Seus pais, da pequena fidalguía rural sen moitos recursos[1], envíarono con dez anos a Cádiz, e alí pasou seis anos. Con dezaseis anos marchou para América, e estivo baixo a protección dun tío seu, Alfonso Niño, familiar do bispo Diego Osorio de Escobar[2]. Pérez de Barcia estudou gramática e filosofía en Puebla e foi Diego Osorio quen o ordenou con menores; con vinte e cinco anos graduouse en filosofía na Universidade de México, onde tamén estudou dereito.

Ordenado presbítero en 1680. O 25 de abril de 1683 foi un dos fundadores do colexio de San Miguel de Belén[3], situado na cidade de México.

Pertenceu á Congregación do Oratorio de San Filipe Neri (Congregatio Oratorii Sancti Philippi Nerii) e logrou algunha sona como prosista e poeta.

O sacerdote Julián Gutiérrez de Dávila, compañeiro de congregación, publicou en México unha Vida de Domingo Pérez de Barcia, na que salienta as súas virtudes piadosas e recolle unha escolma do su labor literario.

Notas editar

  1. Benítez, Fernando (1985). Los demonios en el convento: sexo y religión en la Nueva España. p. 105. 
  2. Orozco y Berra, Manuel (1855). Apéndice al Diccionario universal de historia y de geografía. p. 333. 
  3. Galindo y Villa, Jesús (1890). "Apuntes de epigrafía mexicana". Memorias de la Sociedad Científica Antonio Alzate 4. p. 223.