María Tareixa de Austria e Borbón

María Tareixa de Austria e Borbón (en francés: Marie-Thérèse d'Autriche), nada en San Lorenzo de El Escorial o 10 de setembro de 1638 e finada en Versalles o 30 de xullo de 1683, foi unha Infanta de España, Infanta de Portugal, Arquiduquesa de Austria e, Raíña consorte de Francia desde 1660, aínda que isto non impediu que Francia atacase a España en Flandres durante a Guerra de Devolución, nin no Caribe, apoiando aos piratas (filibusteiros e bucaneiros) desde a Illa da Tartaruga (base francesa pirata, onde se abastecían de pólvora, municións,...), chegando a atacar a parte occidental da Española en mans francesas (Haití), con apoio oficial até 1665, que foi restablecido posteriormente.

Infotaula de personaMaría Tareixa de Austria e Borbón

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Marie-Thérèse d'Autriche Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Teresa de Austria y Borbón Editar o valor em Wikidata
10 de setembro de 1638 Editar o valor em Wikidata
Madrid Editar o valor em Wikidata
Morte30 de xullo de 1683 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Versalles, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da mortesepse Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Saint-Denis Editar o valor em Wikidata
Consort of France (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia
España
Reino de Portugal Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónrexente Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloInfante de España
Raíña consorte de Francia
Raíña consorte Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa dos Austria e Dinastía Borbón Editar o valor em Wikidata
CónxuxeLois XIV de Francia (1660–1683)
FillosLuís, o grande delfim de França (pt) Traducir, Ana Isabel de França (pt) Traducir, Maria Ana de França (pt) Traducir, Felipe Carlos de França (pt) Traducir, Maria Teresa de França (pt) Traducir, Louis-François de France (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisFilipe IV de España Editar o valor em Wikidata  e Sabela de Francia Editar o valor em Wikidata
IrmánsMargarida Tareixa de Austria, Carlos II de España, Xoán Xosé de Austria, Baltasar Carlos de España e Filipe Próspero de Austria Editar o valor em Wikidata
ParentesMargarida de Austria-Estiria (avoa paterna)
Filipe III de España (avó paterno)
María de Médici (avoa materna)
Henrique IV de Francia (avó materno) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Habsburg-58 Find a Grave: 84229761 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Filla do Rei Filipe IV de España e da súa primeira esposa a princesa Isabel de Francia, era por parte de nai, a neta do Rei Henrique IV de Francia e á súa vez irmá do rei Carlos II de España

Matrimonio editar

 
A entrevista de Lois XIV e Filipe IV na illa dos Faisáns representa o momento da entrega de María Tareixa como esposa ao rei de Francia.

O 9 de xuño de 1660 contraeu matrimonio con Lois XIV de Francia, o chamado Rei Sol, primo-irmán seu por dobre liña, tanto por parte de pai como de nai. A súa entrega como prometida do rei formalizouse en Irún (Illa dos Faisáns), nun acto cuxa preparación contou coa participación de Velázquez.

A raíña María Teresa levou unha vida de illamento e de tristeza durante todo o seu reinado. Salvo por unha breve rexencia en 1672, durante a campaña do rei contra Holanda, non desenvolveu actividade política algunha.

Deu seis fillos ao rei, dos cales só Lois, o chamado "Gran Delfín", sobreviviuna. Unha enfermidade devastadora acabou coa súa vida en 1683, cando soamente contaba con 44 anos de idade.

Avoa do primeiro rei Borbón de España editar

Anos máis tarde o seu neto, Filipe de Francia, duque de Anjou, segundo fillo do Gran Delfín, sería proclamado Rei de España co nome de Filipe V como sucesor de Carlos II, medio irmán máis novo de María Tareixa, polo cal os dereitos dinásticos da actual familia real española pasan polos da súa antecesora e matriarca, única filla do rei Filipe IV en ter descendencia na actualidade.

Descendencia editar

Dos seis fillos que tivo co rei Lois XIV de Francia, só o maior, Lois, chegou á idade adulta, probablemente por culpa da consanguinidade:

  1. Lois de Francia, Delfín de Francia; coñecido como O Gran Delfín ou "Monseigneur" e pai de Lois de Francia, Filipe V de España e Carlos de Francia;
  2. Ana Isabel de Francia (18 de novembro30 de decembro de 1662);
  3. María Ana de Francia (16 de novembro26 de decembro de 1664);
  4. María Tareixa de Francia (2 de xaneiro de 16671 de marzo de 1672);
  5. Filipe Carlos de Francia (5 de agosto de 166810 de xullo de 1671), Duque de Anjou;
  6. Lois Francisco de Francia (14 de xuño4 de novembro de 1672).

Existe ademais unha lenda que di que a raíña tivo unha filla con Nabo, o seu paxe de orixe africana. A nena, de nome Louise Marie Thérèse, sería oculta nun convento.[1]

Devanceiros editar

Notas editar

  1. Bernard, Caire (1990). "La Mauresse de Moret". Revue des Amis de Moret (116): 69–77. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar