Fernando, o Infante Santo

Fernando de Portugal, considerado o Infante Santo, nado o 29 de setembro de 1402 e finado o 5 de xuño de 1443,[1] foi un príncipe de Portugal da Dinastía de Avis. Fernando era o oitavo fillo do rei Xoán I de Portugal e da súa muller Filipa de Lancaster, o máis novo dos membros da Ínclita Xeración.

Fernando, o Infante Santo
Nacemento29 de setembro de 1402
Lugar de nacementoSantarém
Falecemento5 de xuño de 1443
Lugar de falecementoFez
SoterradoMosteiro de Batalha
NacionalidadeReino de Portugal
Relixióncatolicismo
Ocupaciónmilitar
PaiXoán I de Portugal
NaiFilipa de Lancaster
IrmánsBeatriz, Condessa de Arundel, Isabel de Portugal, Duquesa de Borgoña, Henrique, duque de Viseu, Duarte de Portugal, Pedro, Duque de Coimbra, Afonso I, Duque de Bragança e Xoán, Infante de Portugal
PremiosGrand Master of the Order of Aviz
Na rede
WikiTree: Of_Lancaster-35
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fernando cedo se mostrou interesado na cuestión relixiosa e, aínda moi novo, foi ordenado Gran Mestre da Orde de Avis polo seu pai. Por ser o irmán máis novo, non ten acceso, como os máis vellos, a tantas riquezas, e intenta poñerse ao servizo do Papa, do Emperador, ou doutro soberano europeo para gañar prestixio e prebendas. Por motivación dos irmáns máis vellos acaba por abandonalo, virando as súas atencións para a loita en Marrocos, da cal lle podería vir inmensa fortuna.

Así, en 1437 participa nunha expedición militar ao norte de África, comandada polo irmán Henrique, duque de Viseu, pero co voto desfavorable dos outros infantes, Pedro, duque de Coímbra e Xoán, Infante de Portugal. A campaña revelouse como un desastre e, para evitar a matanza total dos seus habitantes, establécese unha rendición pola cal as forzas portuguesas se retiran, deixando o infante como peñor da devolución de Ceuta (conquistada polos portugueses en 1415).

A división na metrópole entre os partidarios da entrega inmediata de Ceuta, ou o seu mantemento, conseguindo por outras vías (diplomática ou bélica), o rescate do infante, foi contemporánea da morte de Duarte de Portugal, o que impediu un resultado favorable á situación.

Fernando foi entre tanto levado para Fez, sendo tratado ora con todas as honras, ora como un prisioneiro de baixa condición (sobre todo tras un intento de evasión gorada, patrocinada por Portugal). De aí escribe ao seu irmán Pedro, entón rexente do reino, un chamamento pedindo a súa liberación a troco de Ceuta. Mais a división verificada na Corte en torno deste problema delicado leva a que Fernando morra no cativerio de Fez en 1443 - acabando así o problema da devolución ou non de Ceuta por se resolver por suposto. Polo seu sacrificio en nome dos intereses nacionais, viría a gañar o epíteto de Infante Santo.

Pesará sempre a lembranza da morte tráxica de Fernando, e coa maioridade de Afonso V, seu sobriño, desexoso de feitos guerreiros contra os infieis en África, sucédense as intentos de conquista, viradas sempre a Tánxer, a fin de que o vingar - primeiro en 1458 (acabando por desistir, dada a aparente inexpugnabilidade da cidade, e volvéndose para Alcácer Ceguer), despois nas "correrrias" de 1463-1464, por fin a toma de Arzila en 1471, aínda que unha vez máis o obxectivo fose Tánxer. De resto, despois da toma de Arzila, os musulmáns de Tánxer, sentíndose desprotexidos (porque eran a única praza musulmá no medio de terra de cristiáns) e abandonados polo seu xefe (que a troco do recoñecemento, por Afonso V, do título de rei de Fez, concedía ao monarca portugués o dominio de toda a rexión ao norte de Arzila, na que Tánxer se atopaba), deixaron a cidade, feito que moito custou ao rei portugués, por se ver así imposibilitado de facer pagar cara a morte de Fernando.

Por medio dese mesmo tratado concluído o agora rei de Fez, os restos mortais do Infante, que se achaban naquela cidade, pasaron a mans dos seus habitantes, sendo que se dirixiron ao Mosteiro de Batalha, onde hoxe repousan ao lado dos seus pais e irmáns, na Capela do Fundador.

Notas editar

  1. "Fernando (D.).". Portugal - Dicionário Histórico, Corográfico, Heráldico, Biográfico, Bibliográfico, Numismático e Artístico (en portugués). p. 383-384. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2013. Consultado o 6 de xuño de 2013.