Francisca Romana

relixiosa e santa italiana

Francisca Romana (italiano: Francesca), nada en Roma en 1384 e finada ibídem en 1440, foi unha santa italiana.

Francisca Romana
Nacemento1384
Lugar de nacementoRoma
Falecemento9 de marzo de 1440
Lugar de falecementoRoma
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónreligiosa católica
Na rede
Find a Grave: 94781461 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Francisca naceu en 1384 filla dunha parella rica e aristocrática, Paolo Bussa e Iacobella dei Roffredeschi, no entón estiloso rione de Parione e foi bautizada na igrexa próxima de Igrexa de Sant'Agnese na Piazza Navona. Ós once anos de idade xa quería ser monxa, mais foi forzada polos seus pais, ós doce, a casar con Lorenzo Ponziani, o comandante das tropas papais en Roma e de familia extremamente rica. Mesmo sendo arranxado, o casamento foi feliz e durou corenta anos, en parte por que Lorenzo admiraba a súa esposa e parte por que el estaba frecuentemente fóra da cidade loitando polo Papa.

Francisca tivo moitas tristezas durante a vida. Perdeu dous fillos pola peste negra, o que fixo que a parella pasase a se dedicar a mellorar a vida dos pobres. A cidade de Roma estaba parcialmente arruinada por conta das loitas entre o Papa e diversos antipapas no chamado Cisma do Occidente na Igrexa católica. Lorenzo estaba sempre fóra e durante as súas ausencias as súas propiedades foron roubadas ou destruídas. Durante unha ocupación de Roma por tropas napolitanas no inicio do século, el foi ferido gravemente e xamais volveu a se recuperar plenamente, morrendo en 1436.

De acordo cunha historia, o fillo deles, Battista, debía ser entregado como refén para o comandante das tropas napolitanas. Obedecendo a orde, Francisca levou o neno até o Campidoglio e, no camiño, parou na Igrexa de Aracoeli e confiou a vida de Battista á Virxe María. Cando chegaron ó lugar marcado, un soldado a cabalo ía pegar ó neno para levalo preso. O cabalo, porén, opúxose a moverse a pesar das moitas zorregadas. Abraiados, os soldados viron no acto a man divina e devolveron o neno á nai.

Mesmo sendo mística, Francisca non era allea ó caos que reinaba na cidade naquela época. Coa súa irmá, Vannozza, como compañeira, Francisca rezaba, visitaba os pobres e coidaba dos doentes, inspirando outras mulleres ricas da cidade a facer o mesmo. Ela transformou parte da propiedade da familia nun hospital. En 15 de agosto de 1425, na festa da Asunción de María, fundou a olivetana "Oblatas de Maria", unha confraternidade de mulleres piadosas ligada á Igrexa de Santa Maria Nova, en Roma, sen un claustro e sen votos formais, para que outros puidesen seguir seu exemplo de combinar a vida de oración coas necesidades da sociedade.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar