Hugo V de Borgoña

Hugo V de Borgoña, nado en 1294 e finado en Argilly en 1315, foi duque de Borgoña entre 1306 e 1315.

Hugo V de Borgoña
Nacemento1294
Falecemento9 de maio de 1315
Lugar de falecementoArgilly
SoterradoAbadia de Cister
Ocupaciónaristócrata
PaiRoberto II de Borgoña
NaiInés de Francia, duquesa de Borgoña
IrmánsMargarida de Borgoña, Xoana de Borgoña, Branca de Borgoña e de Francia, Eudes IV de Borgoña, Lois de Borgoña e Marie de Borgoña
Na rede
WikiTree: Bourgogne-330 Find a Grave: 68212567 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Orixes familiares editar

Fillo do duque Roberto II de Borgoña e Inés de Francia, por liña paterna era neto de Hugo IV de Borgoña e Iolanda de Dreux e por liña materna de Lois IX de Francia e Margarida da Provenza. Era irmán do tamén duque Odón IV de Borgoña.

Promesa editar

Prometeuse en 1302 con Catarina II de Valois-Courtenay, filla do duque Carlos I de Valois e da emperatriz Catarina I de Courtenay. Pero á morte de Catarina I, en 1307, Carlos de Valois nomeouna herdeira do título imperial da súa nai e rompeu a promesa con Hugo V.

Con esta ruptura, Hugo V de Borgoña esixiu unha indemnización. Aínda que inicialmente estivo prometido con Xoana de Francia, filla do rei Lois X de Francia, finalmente foi recompensado coas terras dos Courtenay así como co matrimonio da súa irmá Xoana de Borgoña co príncipe, e futuro rei, Filipe VI de Francia.

Sucedeuno o seu irmán Odon IV de Borgoña.

Véxase tamén editar