Henrique II de Suabia

Para o emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, véxase Henrique VII.

Henrique II de Suabia ou Henrique II de Hohenstaufen, nado en 1211 e finado en Martirano, Calabria, Reino de Sicilia o 12 de febreiro de 1242, foi Rei de romanos, rei de Sicilia e duque de Suabia.

Henrique II de Suabia
Rei de Sicilia
Duque de Suabia
Rei de romanos
Selo de Hnerique II de Suabia
Rei de Sicilia
1212 - 1217
PredecesorFrederico I
SucesorFrederico I
Duque de Suabia
12161235
PredecesorFrederico VII
SucesorConrado III

Nacemento1211
Sicilia
Falecemento12 de febreiro de 1242
Martirano, Calabria, Reino de Sicilia
ConsorteMargarida de Austria
DescendenciaHenrique
Frederico
Casa realCasa de Hohenstaufen
ProxenitoresFrederico II Hohenstaufen, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico
Constanza de Aragón

Escudo de Henrique II de Suabia
Escudo de armas dos Hohenstaufen de Sicilia
Na rede
WikiTree: Staufer-64
Henrique II de Suabia, Rei de romanos, recibindo homenaxe en Würzburg, en 1234.
Miniatura da Crónica do bispo Lorenz Fries (século XVI).

Era fillo do emperador Frederico II e da súa primeira esposa Constanza de Aragón e de Castela, filla do rei Afonso II de Aragón, e irmán máis vello de Conrado IV de Alemaña, Rei de romanos.

Entre os gobernantes do Sacro Imperio Romano Xermánico Henrique menciónase como Henrique (VII), xa que non exerceu como rei exclusivo, senón subordinado ao seu pai; ademais esta denominación utilízase para non confundilo co emperador Henrique VII, da casa de Luxemburgo.[1]

Traxectoria editar

Minoría de idade editar

Henrique foi o único fillo de Frederico II e da súa primeira esposa Constanza de Aragón.[2]

Naceu en Sicilia en 1211. Cando Frederico II pretendía a coroa de Rei de romanos, coroou ao seu fillo Henrique como rei de Sicilia en febreiro de 1212 (sendo un neno dun ano de idade).[3] En virtude dun acordo co papa Inocencio III establecíase que os reinos de Alemaña e de Sicilia non terían o mesmo gobernante. Porén, á morte do papa (1216), Frederico asumiu de novo o título real siciliano.

En Alemaña, Frederico II enfeudou ao seu fillo Henrique co Ducado de Suabia, ao extinguirse a familia Zähringer en 1219, e invistiuno como reitor do Reino da Alta Borgoña,[3] título que desapareceu ao ser elixido Henrique como Rei de romanos.

En abril de 1220 os príncipes alemáns elixiron a Henrique como Rei de romanos e, a cambio, Frederico II renunciou aos dereitos reais (regalia) en favor dos príncipes eclesiásticos (Confoederatio cum Principibus Ecclesiasticis) e en contra das cidades.[3] Porén o papa Honorio III non recoñeceu a elección e privouno dos seus dereitos sobre o Reino de Sicilia, para evitar a unión dos dous reinos.

Cando Frederico II foi a Italia en 1220, Henrique foi posto baixo a tutela de Engelberto I, arcebispo de Colonia, que o coroou como Rei de romanos en maio de 1222 en Aquisgrán.[3] Ao morrer Engelberto en 1225, as relacións entre pai e fillo empezaron a deteriorarse, e o duque de Baviera Lois I encargouse da tutela do Rei de romanos.

A pesar de que Henrique foi formalmente comprometido coa princesa Inés de Bohemia, filla do rei Otakar I, o matrimoniuo non se celebrou porque a princesa optou pola vida relixiosa.[4] En novembro de 1225 Henrique casou en Núremberg, por disposición de seu pai, con Margarida, filla do duque de Austria Leopoldo VI.[2] Desta unión naceron dous fillos: Henrique e Frederico.

Maioría de idade e rebelión editar

En 1228 Henrique entrou en disputa co seu titor o duque Lois I de Baviera, sospeitoso de conspirar contra o emperador Frederico II, e ao final dese ano Henrique asumiu o goberno por si mesmo. A súa política favorábel ás cidades molestou á nobreza, a cal forzouno a concedelles no Privilexio de Worms (maio de 1231) privilexios en detrimento do poder real e en contra das cidades.[5]

As disposicións da Dieta de Rávena de 1231, en contra das cidades lombardas, provocou unha nova alianza entre elas (a chamada Liga Lombarda, principal e poderosa inimiga do emperador), vinculándose co malestar en Alemaña. Henrique, oposto aos privilexios en favor da nobreza, non quixo aparecer na Dieta.

Así e todo, en maio de 1232, Henrique prestou obediencia ao seu pai en Cividale, prometendo seguir a política do emperador en favor dos príncipes e obedecer as súas disposicións, xa que seu pai o emperador dependía do apoio dos príncipes en Alemaña para continuar a súa política en Italia, polo que confirmou o Privilegio de Worms en maio de 1232 mediante o Statutum in favorem principum, para garantir o apoio dos príncipes en Alemaña e así proseguir a súa política en Italia.[1]

Con posterioridade chegouse a unha paz temporal coas cidades lombardas en xuño de 1233. Pero á súa volta a Alemaña, o rei Henrique non mantivo a súa palabra e, contradicindo a vontade do emperador, publicou un manifesto aos príncipes erixíndose en símbolo da revolta das cidades en Boppard en 1234.[1]

Reclusión e morte editar

 
Morte de Henrque II.
Debuxo anónimo do século XV.
 
Sarcófago de Henrique II.

Frederico II reaccionou ao debilitamento do poder real orixginado pola querela co seu fillo. Así, na Reunión Imperial (Reichsversammlung) en Maguncia o 25 de agosto de 1235, promulgou a Primeira Lei de Paz do País (Landfriedensgesetz) e os aliados de Henrique foron perdoados na medida do posíbel.

O emperador proscribiu ao seu fillo o 5 de xullo de 1234. Henrique entón pactou unha alianza coas cidades lombardas en decembro. Pero abandonado pola maior parte dos seus seguidores, tivo que renderse ao seu pai o emperador o 2 de xullo de 1235, en Wimpfen. Dous días despois, Frederico II e a nobreza xulgaron a Henrique en Worms, destroárono e condenáron a morte. Porén algo máis tarde Frederico conmutoulle a pena por cadea perpetua.

Henrique, que contrera lepra, comezou unha longa peregrinación por varias fortalezas da Puglia, no Reino de Sicilia. Morreu o 12 de febreiro de 1242 en Martirano, Calabria a consecuencia dunha caída do seu cabalo cando estaba sendo trasladado a outro castelo ou, quizais, provocada coa intención de suicidarse.

Seu pai deulle sepultura con honores reais na catedral de Cosenza, onde repousa nun sarcófago romano.

O seu irmán máis novo Conrado foi designado duque de Suabia e elixido Rei de romanos.

Henrique permaneceu recluído en varios castelos e este illamento puido ser provocado tanto pola súa saúde como pola súa rebelión, xa que a análise do seu esqueleto en 1998-1999 mostrou que sufría lepra en estado avanzado.

Morreu posibelmente o 12 de febreiro de 1242 en Martirano, Calabria (Reino de Sicilia) a consecuencia dunha caída do seu cabalo cando se trasladou alí desde o castelo de Nicastro.[2]

Seu pai deulle sepultura con honores reais na catedral de Cosenza, onde os seus restos repousan nun antigo sarcófago romano.

Descendencia editar

Henrique deixou dous fillos, que foron privados dos dereitos de sucesión como o seu pai;

  • O primoxénito Henrique morreu en 1242.
  • Ao segundo, Frederico, o seu avó o emperador Frederico II confioulle no seu testamento o Ducado de Austria e Marquesado de Estiria, pero nunca asumiu o goberno destas terras e morreu poucos anos máis tarde, en 1251, solteiro e sen descendencia. A súa morte foi relatada por Mateu de París, quen afirmou que tanto el como o seu irmán máis vello foron envelenados (veneno interfecit).[6]

Investigación paleopatolóxica editar

En 1998 os restos humanos de Henrique VII foron obxecto dun estudo palaeopatolóxico realizado por un equipo dirixido por Gino Fornaciari, da Universidade de Pisa, e por Pietro De Leo, historiador da Universidade de Calabria.

O exame revelou que os restos pertencían a un home de cerca de 1,66 m de altura, de estrutura física vigorosa e fortes músculos. O esqueleto revelou resultados de traumatismos debidos probabelmente á práctica da equitación e unha antiga lesión secundaria causada por un traumatismo no xeonllo sufrido na xuventude: a deformación da rótula foi capaz de inducir unha coxeira, que é unha das poucas características coñecidas da aparencia física de Henrique, do que as crónicas dicían que nera rengo.

O exame do cranio e das articulacións das extremidades puxo en evidencia claramente unha facies froito dunha lepra lepromatosa nun discreto grao avanzado, contraída uns anos antes da súa morte. A desfiguración fisionómica era tan severa como para forzar á persoa a un illamento forzado: debe ser rexeitada a suposta crueldade de Frederico II na segregación do seu fillo, e desbótase tamén, na opinión dos autores, a sospeita dun asasinato.

Antepasados editar


Predecesor:
Frederico I
 
Rei de Sicilia

1212 - 1217
Sucesor:
Feederico I
Predecesor:
Frederico VII
 
Duque de Suabia

12161235
Sucesor:
Conrado III
Predecesor:
Frederico II
Rei de romanos
1220 - 1235
Sucesor:
Conrado IV
contra Guillerme de Holanda

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Abulafia, David (1992). Frederick II: a medieval emperor. Oxford University Press US. p. 237. ISBN 9780195080407. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Runciman, Steven (2000), p. 26.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Welfs, Hohenstaufen and Habsburgs, Michael Toch, en Abulafia, David (1999), 384.
  4. Welfs, Hohenstaufen and Habsburgs, Michael Toch, en Abulafia, David (1999), p. 385.
  5. "1911 LoveToKnow Classic Encyclopedia". Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2013. Consultado o 19 de outubro de 2016. 
  6. Matthæi Parisiensis Monachi Sancti Albani Chronica Majora, Vol. V, 1254, p. 448.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar