Miguel I Comneno Ducas

Miguel I Comneno Ducas (en grego: Μιχαήλ Κομνηνός Δούκας, Mikhaēl Komnēnós Dukas), finado en 1215, a miúdo erroneamente chamado Miguel Anxo (un nome que nunca usou), foi o fundador e primeiro gobernante do principado de Epiro desde 1205 até a súa morte en 1215.

Infotaula de personaMiguel I Comneno Ducas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XII Editar o valor em Wikidata
Morte1215 Editar o valor em Wikidata
Berat (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Bizantino Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónDéspota de Epiro Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaDinastía Anxo Editar o valor em Wikidata
FillosMiguel II Comneno Ducas, Theodora (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiJoão Ducas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsManuel Comneno Ducas e Teodoro Comneno Ducas Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Miguel foi o fillo ilexítimo do sebastocrátor Xoán Ducas. Foi así un primo irmán dos emperadores Isaac II Anxo e Aleixo III Anxo.

Antes de 1204, foi gobernador do thema de Milasa e Melanudio en Asia Menor. Despois da caída de Constantinopla ante as forzas da Cuarta Cruzada, Miguel entrou brevemente no servizo de Bonifacio de Montferrato, que recibiu o Reino de Tesalónica e máis territorios sobre Grecia na repartición do botín. Miguel abandonou a Bonifacio e puido tratar de resistir aos cruzados no Peloponeso, quizais loitando na Batalla do Oliveiral de Kunduros.

Tras perder a batalla, fuxiu a Epiro. Alí fundou un estado sucesor bizantino, erroneamente chamado Despotado de Epiro, coa súa capital en Arta, na zona do vello thema de Nicópole. Epiro converteuse no novo fogar de moitos refuxiados gregos de Constantinopla, Tesalia e o Peloponeso, e Miguel foi descrito como un segundo Noé, rescatando aos homes da inundación latina. Xoán X Kamateros, o Patriarca de Constantinopla, non considerou a Miguel como un gobernante lexítimo, e no seu lugar uniuse a Teodoro I Láscaris en Nicea, Miguel recoñeceu a autoridade eclesiástica do Papa Inocencio III en Epiro, cortando os seus lazos coa Igrexa ortodoxa en Nicea.

En Epiro, Miguel resistiu aos intentos de Bonifacio de Montferrato para dominalo. O emperador latino Henrique de Flandres esixiu que Miguel se subxugase ao Imperio Latino, e aceptou unha alianza, permitindo que a súa filla casase co irmán de Henrique, Eustaquio, en 1209. Miguel non cumpriu con esta alianza, asumindo que o montañoso Epiro sería principalmente impenetrábel por calquera latino con quen fixo e rompeu alianzas. Mentres tanto, os familiares de Bonifacio de Montferrato fixeron demandas a Epiro, así, en 1210 Miguel aliouse coa República de Venecia e atacou a Tesalónica. Acusáronno de ser excesivamente cruel cos seus prisioneiros, nalgúns casos, crucificando sacerdotes latinos. Inocencio III escomungouno en resposta. Enrique axudou á cidade ese mesmo ano e obrigou a Miguel a unha nova alianza nominal.

Con todo, Miguel dirixiu a súa atención a capturar outras cidades de importancia estratéxica, como Larisa en Tesalia dos latinos en 1212, e Dirraquio e Corfú dos venecianos en 1214. Tamén tomou o control dos portos no Golfo de Corinto. Arrastrado a unha guerra contra Serbia, un aliado do Imperio latino e Bulgaria, Miguel foi asasinado por un dos seus servos en 1215 e foi sucedido polo seu medio irmán Teodoro Comneno Ducas.

Familia editar

Miguel I casou coa filla dun magnate epirota con quen tivo a:

Cunha amante, Miguel I tivo polo menos un fillo:

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • The Oxford Dictionary of Byzantium, Oxford University Press, 1991.
  • K. Varzos, Ē genealogia tōn Komnēnōn (Thessalonica, 1984) vol. 2 pp. 669–689.