Raúl IV de Valois

Raúl IV de Valois ou Raúl III de Vexin e de Amiens, tamén chamado Raúl de Crépy[1] ou Raúl o Grande, finado en 1074, foi conde de Valois de 1038 a 1074 e conde de Vexin e Amiens de 1063 ata 1074. Era fillo de Raúl III de Valois, conde de Valois e de Adela de Breteuil.

Raúl IV de Valois
Nacementoc. 1020 e 1010
Falecemento23 de febreiro de 1074 e 8 de setembro de 1074
Lugar de falecementoPéronne
SoterradoMontdidier
NacionalidadeFrancia
PaiRaúl III de Valois
NaiAdèle de Breteuil
CónxuxeAna de Kíiv e Adele of Bar-sur-Aube
FillosSimão de Crépy, Adele of Valois, Adela de Valois e Hawise de Valois
Na rede
WikiTree: Vexin-5
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Sucedeu ao seu pai en 1038 e organizou a resistencia do campo de Blois ata a morte do conde Odón II de Blois contra o rei Henrique I de Francia. Capturado polo exército real en 1041, cambiou de bando e uniuse ao capeto, favorecendo a súa política en Champaña. Despois participou na batalla de Mortemer e só puido eludir a captura grazas á intervención do seu vasalo, Roger de Mortimer. Guillreme o conquistador, outro señor feudal de Roger, retirou os seus feudos en represalia e Roger refuxiouse na corte de Valois. Raúl continuou loitando xunto ao rei de Francia e participará no cerco de Thimert en 1057.

Despois da morte do rei Henrique (1060) e da rexencia que seguiu, as relacións entre Francia e Normandía suavizáronse, e estableceuse unha relativa paz. En 1062, a morte do conde Heriberto II do Maine incitou a Gautier III de Vexin, un primo de Raúl, a reivindicar o Maine polos dereitos da súa muller (filla do conde Heriberto I do Maine), pero foi derrotado por Guillerme o conquistador e tería morto pouco despois. Raúl herdou entón o condado de Vexin e Amiens e reconstituíu para o seu beneficio a unión dos tres condados, separados á morte do seu avó, Gautier II o Branco.

Durante este período, Normandía gañou importancia fronte os Capetos e Raúl, illado polo escándalo do seu matrimonio con Ana de Kíiv, preferiu aliarse co duque. Raúl morreu en Péronne en 1074 o 23 de febreiro segundo algunhas fontes, ou en Montdidier o 8 de setembro segundo outras.

Matrimonios e fillos editar

Casara en primeiras nupcias con Adela (Aelis) de Bar-sur-Aube, filla e herdeira de Nocher III, conde de Bar-sur-Aube, viúva de Renaldo de Semur, de Renardo de Joigny e de Roger de Vignory. Tiveron a:

Viúvo, casou de novo con Leonor ou Hannequez, herdeira de Montdidier e Péronne.

Raúl repudiouna en 1060 para casar arredor de 1061 con Ana de Kíiv, filla de Iaroslav o Sabio, Gran Príncipe de Kíiv e viúva do rei Henrique I de Francia. Este matrimonio fixo escándalo, xa que a viúva dun rei de Francia procedente dunha familia reinante non debería casar cun vasalo e a raíña tivo que abandonar a corte. Este matrimonio illou politicamente Raúl e o asunto chegou ata a excomuñón.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar