José Paz
José Paz Rodríguez, nado na Corna (Piñor) o 12 de abril de 1948[1] e finado en Vigo o 23 de abril de 2021, foi un profesor, pedagogo e escritor galego.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de abril de 1948 A Corna, España |
Morte | 23 de abril de 2021 (73 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid Universidad Nacional de Educación a Distancia |
Actividade | |
Ocupación | profesor universitario , pedagogo , escritor |
Traxectoria editar
Licenciouse en Pedagoxía na Universidade Complutense de Madrid, doutorouse na UNED cunha tese sobre Tagore.
Foi profesor en Ourense entre o 1969 e o 2010. Comezou exercendo de mestre[3] e pasou á Normal na que foi Director e Vicedirector. Docente da Universidade de Vigo, Facultade de Educación de Ourense, colaborador na Visva-Bharati University[4] na área de Didáctica e Organización escolar e profesor titor de Pedagoxía e Didáctica na UNED de Pontevedra.
Durante máis de trinta anos foi unha figura importante na cultura da cidade de Ourense, sempre moi ligado ao Cineclube Padre Feijoo. Organizou o programa “Ourense Lúdico” durante 18 anos e 27 edicións da Escola Internacional de Verán “Jornadas do Ensino de Galiza e Portugal”.[5]
Dedicoulle parte da vida a estudar a figura de Rabindranath Tagore, chegando a reunir unha biblioteca de máis de trinta mil volumes sobre el. En vida non quixo que a súa biblioteca fose para a Cidade da Cultura ou a Casa da India de Valladolid, procurando que quedase en Ourense.[2]
Colaborador de Todo literatura con artigos sobre Tagore; tamén de Revista Padres y Maestros / Journal of Parents and Teachers, Agália, Revista de Pedagogía, Perspectiva escolar, Papeles da la India, Boletim da Academia Galega da Lingua Portuguesa, The Visva-Bharati Quarterly: New Series, Leer, Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares, O Ensino: revista galega de Sócio-Pedagoxía e Sócio-Lingüística, Cadernos do Povo. Colaborador de La Región con artigos varios[6] e en Nós Diario,[7] Portal Galego da Língua, A Nosa Terra, El Correo Gallego, A Peneira, Semanário Minho, Faro de Vigo, Teima, Tempos Novos, Bisbarra.[8]
Destacado defensor da corrente lusista, foi membro da AGAL e da Academia Galega da Língua Portuguesa, colaborador destacado do Portal Galego da Língua, encargado da sección “Aulas de cinema”.[9]
Obras editar
- A Festa dos "Maios" na escola (1998). Ourense : ASPGP (Movimento de Renovação Pedagógica). ISBN 84-923796-0-X.
- José Solla (2005). Centro Cultural, Deputación Ourense. ISBN 84-96503-05-4.
- CASTELAO: Selections from ‘Matters of Life’ (2012). Monfakira. ISBN 978-93-80542-37-9. Con Rita Ray.
Obras colectivas editar
- "Castelao, a escola e o ensino", en Actas Congreso Castelao. Tomo I: (Santiago de Compostela, 24-29 de novembro de 1986) (1989) / Justo G. Beramendi (ed. lit.), Ramón Villares (ed. lit.), Páxs. 425-432. ISBN 84-7191-568-5.
- "Guía docente de Didáctica xeral". En Unha educación social en perspectiva europea I: o proxecto piloto para a implantación do sistema de créditos europeos (ECTS) en primeiro curso de educación social (2007). Coord. por Xosé Manuel Cid Fernández; M. Carmen Benso Calvo (aut.). Páxs. 29-52. ISBN 978-84-8408-449-5.
- "La Recepción de Tagore en España, Portugal y América Latina". En Redescubriendo a Tagore: 150 aniversario del nacimiento del poeta indio (2011). Coord. por Shyama Prasad Ganguly, Indranil Chakravarty. Páxs. 242-263. ISBN 978-81-921843-1-9
- "Brazil". En Rabindranath Tagore: One Hundred Years of Global Reception (2014). Martin Kämpchen (aut.), Bangha Imre (aut.), Uma Das Gupta (aut.). Páxs. 568-576. ISBN 978-81-250-5568-6.
- "Portugal and Galicia: Portuguese-Speaking Regions II". En Rabindranath Tagore: One Hundred Years of Global Reception (2014). Martin Kämpchen (aut.), Bangha Imre (aut.), Uma Das Gupta (aut.). Paxs. 499-508. ISBN 978-81-250-5568-6.
- "Goa, Angola and Mozambique: Portuguese-Speaking Regions I". Páxs. 192-201.
- "Rabindranath Tagore, Zenobia Camprubí Aymar and Juan Ramón Jiménez". En Rabindranath Tagore And His Circle. (2015). Tapati Mukhopadhyay (ed. lit.), Amrit Sen (ed. lit.). Páxs. 69-78. ISBN 978-81-7522-601-2.
- "Tagore´s Educational Model and its Relation with the New School Movement". En Rabindranath Tagore: A mind Staring into Infinity (2016). Coord. por Chhanda Chatterjee. Páxs. 87-103. ISBN 978-93-84082-82-6.
- "Los admiradores de Tagore en España". En Encuentros culturales Indo-Españoles (1956-2016): Impactos y Visiones (2017). Coord. por Anil K. Dhingra, Gonçal Artur López Nadal. Páxs. 367-396. ISSN 1-901849-8-9.
Coordenador editar
- SpyanishvashI dunia O Robindranath (2016). Obosor. Trad. Torum Kumar Ghotok. ISBN 978-984-8797-47-1.
- Amar Tagore, amar Santiniketon. Páxs. 224-234.
- Rabindranath ebong notun sikkhacinta. Páxs. 235-239.
- Rabindranath, mukto sikkhaprotisthan ebong Paul Geheeb-er Sikkhaloy. Páxs. 240-248.
Notas editar
- ↑ "Cumpleaños 12-04-2021". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-04-25.
- ↑ 2,0 2,1 Sobrado, J.G. (2021-04-23). "José Paz Rodríguez, una vida dedicada a la educación y a la obra de Rabindranath Tagore". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-04-25.
- ↑ Banhos Campo, Alexandre. "No passamento do companheiro e amigo José Paz Rodrigues". pgl.gal. Consultado o 26/04/2021.
- ↑ "Visva-Bharati University - Índice de autores". Dialnet (en castelán). Consultado o 2021-04-25.
- ↑ Fuente, Sandra De la (2021-04-23). "Muere José Paz, el profesor ourensano que dedicó su vida al estudio de Tagore". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-04-25.
- ↑ Región, La. "La Región Diario de Ourense y su provincia, fundado en 1910.". La Región (en castelán). Consultado o 2021-04-25.
- ↑ Diario, Nós. "Vicente Risco, descobridor de Tagore na Península". Nós Diario. Consultado o 2021-04-25.
- ↑ "José Paz Rodrigues, Autor em Portal Galego da Língua - PGL.gal". Portal Galego da Língua - PGL.gal (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2021. Consultado o 2021-04-25.
- ↑ "Falece José Paz, histórico reintegracionista e colaborador deste portal". Portal Galego da Língua - PGL.gal (en portugués). 2021-04-23. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2021. Consultado o 2021-04-25.