Unión Republicana (España 1893)

Unión Republicana, foi unha alianza electoral creada o 23 de xaneiro de 1893 a partir da confluencia de 3 partidos republicanos: o Partido Republicano Progresista de Ruiz Zorrilla, o Partido Republicano Centralista de Salmerón e o Partido Republicano Federal de Francesc Pi i Margall.[1] O 28 de xaneiro, no xornal El Motín, publicouse o Manifesto elaborado o día 23, no que se indicaba que tiña como obxectivos: acelerar a chegada da República, a creación dun goberno provisional e a elaboración dunha Constitución.[2]

Unión Republicana
editar datos en Wikidata ]
Nicolás Salmerón

Nas eleccións de marzo dese mesmo ano, conseguiron 32 escanos,[3] obtendo ademais a vitoria nas provincias de Madrid e Barcelona, nas respectivas capitais e en Valencia. Fóra da alianza permaneceron os republicanos posibilistas de Castelar, que obtuviron 15 escanos.[3] No obstante, ese mesmo ano, o propio Castelar disolveu o Partido Demócrata Posibilista (PDP) e aconsellou a integración no seo do Partido Liberal, ao que se opuxo unha parte do partido que fundou a Unión Constitucional Republicana (UCR) que acabaría integrándose en Unión Republicana.

Notas editar

  1. Pabón (1999), p. 175
  2. Nakens, José (28-1-1893). "MANIFIESTO DE UNION REPUBLICANA" (PDF). El Motín (4): 1. 
  3. 3,0 3,1 "Elecciones a Cortes. 5 de marzo de 1893". historiaelectoral.com. Consultado o 8-7-2019. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar