Espazo cuadrangular escapular
O espazo cuadrangular escapular é un espazo anatómico do membro superior humano, pertencente ao ombreiro. É o lugar por onde pasan os nervios e os vasos que discorren entre as rexións máis anteriores (axila) e a rexión posterior da escápula. Na rexión posterior escapular está delimitado por:
- O bordo inferior do músculo redondo menor
- O pescozo cirúrxico do úmero
- O bordo superior do músculo romboide maior
- O bordo lateral da porción longa do tríceps braquial
Espazo cuadrangular escapular | |
---|---|
Espazo cuadrangular visto nunha disección de axila | |
Vascularización escapular. | |
Gray's | pág.589 |
Pasan por este espazo o nervio axilar, xunto coa arteria circunflexa umeral posterior e a vea homónima.
Síndrome de espazo cuadrangular
editarA hipertrofia dos músculos que delimitan este espazo, ou a fibrose dos bordos musculares poden danar o nervio axilar. O dano deste nervio pode producir dúas consecuencias. A primeira, a debilidade do músculo deltoide. A segunda, e moito máis frecuente, a atrofia do músculo redondo menor, que causa debilidade do manguito dos rotadores.
Véxase tamén
editarBibliografía
editarGray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán)