Espartza Zaraitzu

(Redirección desde «Esparza de Salazar»)

Espartza Zaraitzu (en éuscaro) ou Esparza de Salazar (en castelán; as dúas formas oficiais) é un concello de Navarra, situado no meiriñado de Sangüesa, no val de Salazar e a 78 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2013 foi de 88 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 26,92 km² e a súa densidade de poboación é de 3,27 hab/km².

Modelo:Xeografía políticaEspartza Zaraitzu
Esparza de Salazar, Espartza Zaraitzu (mul) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 42°51′38″N 1°05′33″O / 42.86048584, -1.09255169Coordenadas: 42°51′38″N 1°05′33″O / 42.86048584, -1.09255169
EstadoEspaña
Comunidade foralNavarra Editar o valor em Wikidata
CapitalEsparza de Salazar (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación74 (2023) Editar o valor em Wikidata (2,75 hab./km²)
Lingua oficiallingua éuscara (zona lingüística)
lingua castelá (zona lingüística) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie26,92 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude697 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataGregorio Beaumont Esandi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal31453 Editar o valor em Wikidata
Código INE31095 Editar o valor em Wikidata

Demografía editar

Evolución demográfica
1996 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007
122 116 121 115 108 104 102 102 100 98 103
Fontes: Espartza-Zaraitzu e Instituto de Estatística de Navarra

Xeografía editar

A localidade de Espartza Zaraitzu está situada na parte nordeste da Comunidade Foral de Navarra e na central do val pirenaico de Salazar, a unha altitude de 705-900  msnm. O seu termo municipal ten unha superficie de 26,918 km² e limita polo norte cos concellos de Jaurrieta e Orontze, polo leste co de Bidankoze, polo sur co de Sartze e polo oeste co monte Remendia.[1]

O río Zaraitzu atravesa o concello de norte a sur. En inverno as nevaradas son abondosas, sendo o 4º concello navarro no que máis neva, proporcionalmente as temperaturas en inverno acadan os -25cº e no verán supera os 35cº.

Notas editar

  1. "Artículo de Esparza de Salazar". Gran Enciclopedia Navarra. Consultado o 25 de outubro de 2011.