Stichopus regalis

(Redirección desde «Espardeña»)

A espardeña (do catalán espardenya, "alpargata") (Stichopus regalis, o Parastichopus regalis) é unha especie de equinodermo da clase Holothuroidea. Mide, como máximo, 30 cm e o seu corpo é mol, aplanado e rugoso, de cor roxa con manchas brancas.

A carne, branca, desta especie é apreciadísima para receitas de alta cociña, polo seu sabor e a súa escaseza no mercado, xa que se pesca en pequenas cantidades.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • Ficha en pescaderiascorunesas.es