España Libre (Nova York)

España Libre, subtitulado Órgano de Sociedades Hispanas Confederadas de los Estados Unidos de América, foi un periódico que se editou en Nova York entre 1939 e 1977.

Historia e características editar

Apareceu en 1939 editado polas Sociedades Hispanas Confederadas, antes Comité Antifascista Español. Denunciou a ditadura franquista, apoiaba aos refuxiados, aos prisioneiros políticos e a resistencia clandestina en España. No periódico divulgáronse os procesos xudiciais a líderes sindicais, as deportacións evitadas nos Estados Unidos, os refuxiados recolocados e os gastos sufragados grazas aos obreiros membros das sociedades confederadas. Primeiro foi semanal e despois pasou a bimensual. Tiña unha tirada de 1.500 a 6.000 exemplares.