Esmeralda Cervantes

Clotilde Cerdà i Bosch, coñecida polo nome artístico de Esmeralda Cervantes, nada en Barcelona o 28 de febreiro de 1861[1][2] e finada en Santa Cruz de Tenerife o 12 de abril de 1926,[3] considerada unha nena prodixio, foi arpista e compositora. Tamén destacou como activista pola educación das mulleres e pola mellora das condicións destas. Era filla da pintora Clotilde Bosch e Ildefons Cerdà i Sunyer, o enxeñeiro que proxectou a reforma urbanística da Barcelona do século XIX que leva o seu nome.

Modelo:BiografíaEsmeralda Cervantes

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Clotilde Cerdà i Bosch Editar o valor en Wikidata
28 de febreiro de 1861 Editar o valor en Wikidata
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de abril de 1926 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Santa Cruz de Tenerife, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCementerio de Santa Lastenia, Santa Cruz de Tenerife (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBarcelona
Viena
Cidade de México
Roma
Madrid
Santa Cruz de Tenerife Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónarpista, compositora, escritora, profesora de música, xornalista, Activista polos dereitos humanos Editar o valor en Wikidata
EmpregadorLa Ilustración de la Mujer (pt) Traducir
Conservatorio Nacional de Música (Mexico) (pt) Traducir
Acadèmia per à la Il·lustració de la Dona (en) Traducir
Ópera Estatal de Viena (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresMarià Fortuny Marsal, Félix Godefroid e Victor Hugo Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioEsmeralda Cervantes Editar o valor en Wikidata
InstrumentoArpa Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeJuan Montalvo Editar o valor en Wikidata
PaisIldefons Cerdà (disputado) Editar o valor en Wikidata  e Clotilde Bosch i Carbonell Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1 de maio de 1873-1 de novembro de 1873Exposición Universal de Viena de 1873 Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnsayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Cerdá y Bosch (Clotilde), p.84) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1794319 Musicbrainz: 6e3a316d-61d9-4f3b-ab38-08dda3888cf7 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

O pai, Ildefons Cerdà, e a nai, Clotilde Bosch, casaron en 1848. Tiveron catro fillas: Josefa Consuelo Paulina (1849), Rosita (1850), Sol Magdalena Maria de los Dolores (1851) e Clotilde, quen naceu case 10 anos despois.

A súa data de nacemento foi un enigma ao longo dos anos. O pai escribiu no seu diario a data do 28 de febreiro de 1862, un ano máis tarde cá que consta no Rexistro Civil,[4] máis fidedigna có escrito do pai. Foi froito dunha relación adúltera da nai, e de feito, na árbore xenealóxica de 1938 consta como filla ilexítima. Esta circunstancia, que comezou a facerse pública na década de 1960, ficarra restrinxida ao ámbito familiar.[1]

O matrimonio separouse o 27 de maio de 1864. Dous meses antes, Ildefons redactara un testamento en que as súas fillas figuraban como herdeiras a partes iguais. Porén, ao cabo de catro meses, Clotilde Cerdà i Bosch foi excluída del. No seu lugar, asignoulle unha pensión anual de seis mil reais á súa ex-dona, quen tiña a custodia de Clotilde.[5]

Clotilde e a nai trasladáronse a Roma onde, grazas aos contactos da nai, estudou pintura con Marià Fortuny i Marsal. Porén, acabou por decantarse pola música e viaxou polo mundo como arpista con moito éxito, co nome artístico de Esmeralda Cervantes.[5]

A relación entre nai e filla foi sempre moi estreita. A nai acompañou a Esmeralda Cervantes en todas as súas viaxes e apoiou a Clotilde Cerdà i Bosch nos seus proxectos sociais. En 1868 ambas marcharon para París, onde Clotilde Cerdà recibiu leccións do arpista Félix Godefroid.[5]

En 1882 Clotilde foi elixida directora honoraria do Orfeó del Foment de les Arts de Barcelona. Posteriormente impartiu aulas de arpa no seu piso, no número 149 do Passeig de Gràcia, ao tempo que redactaba artigos xornalísticos.[5]

Esmeralda mantivo correspondencia con Juan Montalvo, escritor, xornalista e ensaísta ecuatoriano, e un dos intelectuais máis recoñecidos de América. Montalvo dedicoulle un dos seus tratados a Esmeralda e á súa arpa. [6] Enviáronse en total sete cartas, a primeira con data do 25 de xuño de 1883. Até entón non se atoparan referencias de ningunha relación dela. Porén, esta relación rematou, pois parece que a posición de Montalvo cambiou. Amais, a nai de Esmeralda interveu para que a relación rematase, xa que non quería que interferise nos proxectos da súa filla. Juan Montalvo recoñecía as capacidades das mulleres e mostrábase crítico co modelo de masculinidade que se estaba a construír. Finalmente, Clotilde Bosch morreu o 17 de abril de 1890.

Esmeralda casou con Oscar Grossman, mais só se soubo da voda por unha carta de Isabel II do 21 de agosto de 1895. O matrimonio viviu no Brasil até 1901, cando se trasladou a Barcelona en xaneiro de 1902, e despois a Santa Cruz de Tenerife até 1905.[5] Desde entón, viviu durante longos períodos no Brasil, México, Barcelona e Santa Cruz de Tenerife. Morreu nesta cidade e está enterrada nesa cidade, nun mausoleo do cemiterio de Santa Lastenia. Alí tamén foi sepultado o seu home cando finou o 7 de abril de 1931.[5] Ten só unha obra publicada: La Historia del Arpa (1885).[7]

Arpista

editar

Pseudónimo

editar

Clotilde Cerdà i Bosch utilizou un nome artístico que lle permitiu diferenciar o seu "eu" persoal do seu personaxe. Franz Liszt, Richard Wagner e Victor Hugo bautizárona como Esmeralda (como a heroína da obra máis coñecida de Hugo) e Cervantes (polo escritor español).[8]

As súas viaxes

editar

Con catorce anos xa facía xiras que a levaron por México ao Xapón e foi recibida con honras nos mellores teatros e salas da nobreza de todo o mundo. O seu debut no Teatro Imperial de Viena en 1873, na orquestra de Richard Strauss, foi un grande éxito. Strauss entregoulle unha coroa e un diploma de mérito, o embaixador turco concedeulle o título de arpista da embaixada imperial otomá en Viena e o emperador Francisco Xosé I de Austria regaloulle espléndidas xoias.[5]

Esmeralda realizou moitas viaxes e xiras ao longo da súa vida. A primeira foi unha viaxe artística por Europa, mais en 1874, con 13 anos, cruzou o Atlántico até a Arxentina. Previamente viaxou a Inglaterra, onde tocou para a Raíña Vitoria e o Príncipe de Gales. Con 14 anos emprendeu unha xira que a levou, desde mediados de 1875 até 1877, a Portugal, América do Sur, o Caribe, México, Nova York e Filadelfia (onde actuou na Exposición Universal de 1876),[5] as Filipinas e o Xapón. Algunhas crónicas tamén citan a India, Rusia, Turquía e Exipto.[1] Durante esta viaxe, actuou en Uruguai, Bos Aires, na corte do emperador Pedro II do Brasil e na Cidade de México, onde rematou a xira.

En 1879 recibiu un convite para participar no último concerto do pianista Franz Liszt en Roma.[5] Ese mesmo ano sóubose que estivo en Cuba, en Exipto e en países asiáticos, e que rematou o ano entre Francia e Italia. En 1880 visitou Portugal, onde participou nos actos organizados pola Sociedade Académica polo tricentenario da morte do poeta Luis de Camões,[5] e tamén as Illas Canarias. O ano seguinte viaxou de novo á Arxentina.[1]

En 1881 pasou a formar parte da logia masónica Lealtad de Barcelona, da que formaba parte a compositora Àurea Rosa Clavé de Ferrer, filla de Anselm Clavé, desde 1879. En 1882 regresou ás Illas Canarias, onde foi admitida na Loxa Tinerfe 114. Foi a primeira muller en formar parte dela.[5]

En 1885 o compositor e pedagogo Joaquim Lladó i Barceló dedicoulle a composición El arpa angélica: meditación para piano, que fora premiada nos Xogos Florais de Sevilla en maio de 1875.[9]

En 1887 instalouse en Alemaña. Os seguintes cinco anos viviu entre Inglaterra e Grecia, cunha estadía en Constantinopla, onde ensinou arpa no harén do sultán otomán Abdul Hamid Khan II. En 1893 regresou aos Estados Unidos, convidada pola organización da Exposición Universal de Chicago, celebrada en xuño dese ano. Alí participou na conferencia Education and literature of the women of Turkey e tocou ante o presidente Stephen Grover Cleveland. En 1894 viaxou a Rusia.[5]

En 1895 casou con Oscar Grossman, un rico brasileiro, e puxo fin ás súas xiras pero non ás súas viaxes.[1] Amais de dar recitais, fundou o Conservatorio de Música de Río de Janeiro, e tamén a Escola de Arpa xunto con Lea Bach, outra arpista catalá.[5] A ponte que une este país co Paraguai polas Cataratas do Iguazú leva o seu nome artístico.[5][8]

Proxectos sociais

editar

Clotilde, moi comprometida socialmente, traballou para mostrar publicamente problemas que pretendían facerse pasar por cuestións privadas. Contraria á escravitude, pediulle ao presidente de México Porfirio Díaz o indulto para unha condenada a morte.[5] Mostrou así a súa oposición á pena de morte e denunciou a actitude de varios Estados que se apropiaron de bebés que deran a luz outras mulleres.[10] Formou parte tamén da Alliance Universelle des Femmes pour la Paix.[5]

Dirixiu e colaborou en varias revistas, como L'Estrella Polar, Portaveu Internacional d'arts, Literatura, Comerç, Modes i Salons. Destaca tamén La Ilustración de la Mujer, dirixida ás mulleres urbanas. O primeiro número publicouse en xuño de 1883, co obxectivo de crear un imaxinario que posibilitase a adscrición das mulleres á cidade e lexitimase a súa presenza neste espazo. O número 11 do primeiro día de novembro de 1883 recolle o retrato de Esmeralda Cervantes.

Acadèmia de Ciencies, Arts i Oficis per a la Dona

editar

O 2 de maio de 1885 inaugurouse a Acadèmia de Ciencies, Arts i Oficis per a la Dona, no número 10 da Rambla de Canaletes, no último andar do Hotel Continental.[5] Dende 1880-1881 víñase traballando na creación dun centro de ensino específico para as mulleres, co obxectivo de ofrecer formación no ensino científico, artístico e industrial. O intento inicial fíxose en Madrid, mais debido á imposibilidade de estabelecerse alí, optouse por Barcelona.[5]

Coa Academia pretendíase que as mulleres puidesen subsistir cos seus propios medios económicos. O modelo formativo incluiría materias relacionadas coa aplicación da escultura e a pintura na industria, e tamén a modelaxe en barro, cera, madeira ou mármore, co fin de fomentar a disposición natural das mulleres para tarefas que esixían delicadeza e precisión. O plan tamén contemplaba a formación en oficios en que a presenza feminina era inexistente e facilitar a súa profesionalización.

As clases poderían ser de día e de noite para facilitar a asistencia das alumnas. A matrícula debía cubrir as retribucións do profesorado e o mantemento da Academia, polo que se creou un fondo de reserva para facilitar o acceso ás alumnas con escasos recursos económicos.

Clotilde creou este proxecto mediante a observación en países que desenvolveran a industrialización antes que Cataluña e España. Amais, comprobou as repercusións da nova organización social e o acceso desigual aos recursos en función do sexo.

Poucos días despois da inauguración da Academia, creouse unha revista vinculada a ela, El Angel del Hogar, na que colaboraron escritores de prestixio como Àngel Guimerà.[5] O primeiro número publicouse o 15 de maio de 1885.

Algúns sectores realistas non apoiaron a Clotilde para garantir a continuidade do proxecto. De feito, ameazárona, xa que a casa real e a elite social de Barcelona non aprobaban o compromiso político de Clotilde coa masonaría, a oposición á escravitude e o apoio á clase obreira catalá e ás mulleres. Finalmente, a Academia acabou por pechar en 1887, pola falta de apoio e o déficit orzamentario que arrastraba. A idea da Academia, con todo, materializouse na creación do Institut de Cultura i Biblioteca Popular de la Dona, creado en 1910 en Barcelona por un equipo dirixido por Francesca Bonnemaison.

Asilos Internacionais de Lactación

editar

Inauguráronse na cidade de Belém, no estado do Pará (Brasil), o 15 de marzo de 1898. Estes tiñan varias finalidades, entre elas, funcionar como escola infantil para a conciliación familiar de nais con traballos remunerados quen non sabían a quen deixarlles os fillos. Creáronse así servizos para as mulleres que a propia sociedade aínda non tiña previstos.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "La vida de pel·lícula de Clotilde Cerdà". Diari Ara. 09/12/2012. Consultado o 9 de outubro de 2013. 
  2. Catàleg del Fons Ildefons Cerdà i Sunyer (PDF) (en catalán). Arxiu Històric de la ciutat de Barcelona. setembro de 2003. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de xullo de 2022. Consultado o 11 de xuño de 2022. 
  3. "Ha muerto la insigne arpista Esmeralda Cervantes". El Progreso (Santa Cruz de Tenerife): 2. 12 de abril de 1926. 
  4. pàgina AMAB. "Llibre de naixements número 90, 186". Llibre de Naixements de l'Ajuntament de Barcelona. 
  5. 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 5,11 5,12 5,13 5,14 5,15 5,16 5,17 5,18 Albertí, Elisenda (1 de marzo de 2017). Decidides. Set dones contra corrent. Orígens. pp. 84–88,95,98,104,110,113,114,124,136,137. ISBN 9788472461574. 
  6. Montalvo, Juan (1882). Siete Tratados (en castelán) 2. p. pàg. 51-52. 
  7. "Esmeralda, la diva olvidada que descansa en Santa Cruz". 29 de febreiro de 2016. Consultado o 11 de xuño de 2022. 
  8. 8,0 8,1 "La arpista que sedujo a Victor Hugo y a Wagner" (PDF). El Mundo (en castelán). 25 de decembro de 2013. Consultado o 11 de xuño de 2022. 
  9. "El arpa angélica [Música notada]: meditación para piano, ob. 32". Europeana (en español). 
  10. Rivera 2009

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar