Emblema de Turquía

(Redirección desde «Escudo de Turquía»)

A República de Turquía non ten un escudo de armas ou emblema oficial. O símbolo da portada do pasaporte turco é sinxelamente a estrela e a media lúa que se atopan na bandeira de Turquía.

Emblema usado nos pasaportes turcos

O Ministerio de Relacións Exteriores de Turquía utiliza un círculo vermello que contén a lúa crecente e a estrela en dourado e orientadas verticalmente coa estrela na parte superior. Todo rodeado por un texto en dourado: "T.C. Dışişleri Bakanlığı" ("Ministerio de Relacións Exteriores da República de Turquía"). Unha variante deste emblema oval contén o texto dourado "Türkiye Cumhuriyeti Büyükelçiliği" ("Embaixada da República de Turquía") e é utilizado polas embaixadas turcas.

Un emblema circular baseado na bandeira de Turquía utilízase nas organizacións do goberno, ministerios e parlamento turcos. Tamén se utilizou como distintivo dos atletas e deportistas turcos e nos vellos documentos de identidade dese país.

O selo do Presidente de Turquía ten unha grande estrela centrada rodeada por 16 estrelas de cinco puntas, que simbolizan os 16 estados na historia turca.

Emblemas utilizados polo Ministerio de Relacións Exteriores e as embaixadas editar

Outros emblemas de institucións do Estado turco editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar