Abrir o menú principal

O escudo de armas do Níxer foi introducido o 1 de decembro de 1962. Amosa un sol dourado escoltado por espadas tuaregs e unha lanza que simboliza o valor da xente do pasado. Ademais mostra unhas espigas de sorgo e unha cabeza de búfalo, ambos símbolos da gandaría e a agricultura. O escudo está rodeado por catro bandeiras nacionais e un pergamiño onde se le o nome do país, "Republique du Niger".

Escudo do Níxer
Coat of arms of Niger.svg
Detalles
ArmigerNíxer Níxer
Adoptado1959

Mentres que a Constitución nixerina estipula que o campo do escudo é de sinople (é dicir, verde), en embaixadas e documentos oficiais aparece de prata, ou de ouro noutros contextos, coas cargas ou símbolos que contén o escudo dun dourado máis escuro ou incluso negro, como se pode ver na páxina do Goberno de Níxer.[1]

NotasEditar