Escudo güianés
O escudo güianés ou escudo das Güianas, macizo güianés ou simplemente Güiana, é unha rexión xeográfica situada ao nordeste de América do Sur.
Xeoloxía
editarO escudo Güianés é unha formación xeolóxica moi antiga, unha das zonas máis antigas da Terra, que se estende por Venezuela (a Güiana Venezolana), Brasil (Güiana Brasileira), Güiana, Suriname, Güiana Francesa e unha pequena parte de Colombia, (parte da Rexión Amazónica, no departamento de Guainía).
Os seus límites son o río Orinoco ao norte e ao oeste, e a selva amazónica ao sur. Ten unha forma irregular e está constituído, desde o punto de vista xeolóxico, por un macizo ou escudo antigo da era precámbrica, cunha cobertura sedimentaria tamén moi antiga, formada por arenitas e cuarcitas moi resistentes á erosión.
Esta cobertura sufriu un levantamento e pregamento case desde o momento da formación do planeta Terra, que deu lugar a unhas mesetas moi altas e rematadas por pendentes moi verticais, chamadas tepuis, un termo de orixe indíxena (da lingua pemón) que significa "montaña".
Nesta zona encóntrase a fervenza máis alta do mundo, o Salto Ángel (Kerepakupai Vená, en pemón, que significa "salto do lugar máis profundo").[1] o salto de auga máis alto do mundo, cunha altura de 979 m (807 m de caída ininterrompida),[2][3][4] Está no Parque Nacional Canaima, no estado de Bolívar, Venezuela, que foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1994.[5]
Fauna, flora e xea
editarÉ unha das rexións con maior biodiversidade do mundo. A Güiana conta con máis de 2.200 especies de vertebrados.
O escudo güianés está cuberto pola maior masa forestal tropical inalterada do mundo.[6]
Nesta rexión predominan as sabanas e o bosques galería ao longo dos ríos. Cara ao leste, onde a altura é menor, desenvólvense selvas tropicais e mangleiros sobre as costas do Atlántico.
Nalgúns sectores es rochas están cubertas de sedimentos que conteñen importantes depósitos de minerais, entre eles de ferro e bauxita, que se explotan intensamente.
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ A miúdo cítase o por confusión nalgúns países hispanofalantes como Salto del Ángel, o cal é unha ultracorrección.
- ↑ Frederick, Julia C. (2005). The history of Venezuela. Greenwood. ISBN 0-313-33525-7. Consultado o 26 de abril de 2015.
- ↑ Palmerlee, Danny (2007). Lonely Planet, ed. South America on a shoestring. Consultado o 26 de abril de 2015.
- ↑ Guinness World Records 2013 (en castelán). Segundo se cita na páx. 138
- ↑ Parque Nacional Canaima
- ↑ Hammond, David S. (ed.) (2005): Tropical forests of the Guiana Shield: ancient forests in a modern world. Cambridge, Mass.: CABI.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Escudo güianés |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Manioc: bibliothèque numérique Caraïbe, Amazonie, plateau des Guyanes Arquivado 20 de setembro de 2021 en Wayback Machine. (en francés)
- El macizo de GuyaniaArquivado 26 de agosto de 2015 en Wayback Machine. wikigeobenito.wikispaces.com (en castelán)
- El macizo de GuyaniaArquivado 09 de xuño de 2016 en Wayback Machine. espaciosdeamerica.wikispaces.com (en castelán)