O escudo de armas da Guinea foi aprobado oficialmente o 23 de decembro de 1993, a raíz da adopción do novo sistema multipartidista.

É un escudo de arxén sumado dunha pomba voando que leva no pico unha rama de oliveira que cae sobre o campo. Por debaixo do escudo, terzado en pau coas cores panafricanas da bandeira estatal: goles (vermello), ouro (amarelo) e sinople (verde). Na parte inferior figura unha fita co lema nacional en francés: "TRAVAIL, JUSTICE, SOLIDARITÉ" (Traballo, Xustiza, Solidariedade).

Escudos históricos editar

 
Escudo de armas da República da Guinea (1958-1984).

Substituíu o adoptado en 1984, que era como o actual pero co campo partido de goles e ouro, que ía cargado igualmente coa póla de oliveira e sobre o cal resaltaban unha espada e un fusil pasados en aspa.

O primeiro emblema oficial da República da Guinea data de 1958, apenas obtida a independencia de Francia, baixo o goberno de Sékou Touré, e tamén era un escudo partido, de goles e sinople, cargado dun elefante contornado de ouro coa trompa levantada. Ía timbrado cunha pomba voando contornada de prata que levaba un ramo de oliveira no pico. Arrodeando o escudo había unha fita de sinople co lema nacional en letras de ouro. Este escudo simbolizaba a forza do novo estado (o elefante) e a vontade de vivir en paz entre os países veciños (a pomba), e foi substituído a raíz do golpe de estado de Lansana Conté do 3 de abril de 1984.