Escritura especular

A escritura especular ou escritura en espello é un método de escritura que se logra trazando o lapis sobre o papel na dirección oposta á que é usada pola maioría dos amanuenses, de tal xeito que o resultado é unha imaxe en espello (invertida) da escritura habitual. O seu emprego máis común, cando o idioma se escribe desde a esquerda cara á dereita, é por parte de persoas zurdas. Ás veces utilízase como unha forma extremadamente primitiva de cifrado. O seu exemplo máis común na actualidade pode verse á fronte das ambulancias, onde a palabra "AMBULANCIA" aparece en escritura especular co obxectivo de que os condutores que se atopen diante dela lean a palabra no sentido normal nos seus espellos retrovisores.

Logo de Wikipedia con escritura especular.
Escritura especular co texto AMBULANCE no capó dunha ambulancia inglesa.
As notas no Home de Vitruvio de Leonardo da Vinci están en escritura especular.

Leonardo da Vinci é famoso porque en moitas das súas anotacións persoais utilizou este método que combinaba co uso de siglas e abreviacións para facer máis difícil a súa lectura por outras persoas. Só utilizaba o xeito estándar de escritura se tiña previsto que as súas anotacións fosen leidas por outras persoas. Leonardo dá Vinci era ambidestro, e adoitaba escribir coa esquerda, o que provocaba que a tinta o manchase facilmente se escribía en escritura estándar, é dicir, de esquerda a dereita. Tamén puido querer evitar, con este procedemento, que as súas ideas fosen roubadas por outros ou ocultalas da igrexa católica, cuxas ideas con frecuencia eran opostas.[Cómpre referencia]

Vídeo editar

http://www.youtube.com/watch?v=HiDaYhq47Ds

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar