Un escritorio[1] é un moble similar a unha mesa cunha superficie de traballo que se usa nas escolas, oficinas, no fogar ou similares para actividades académicas, profesionais ou domésticas como ler, escribir ou usar equipos como un computador.[2][3] Os escritorios adoitan ter un ou máis caixóns, compartimentos ou ocos para gardar artigos como material de oficina e papeis.[3] Os escritorios habitualmente están feitos en madeira ou metal, aínda que ás veces se ven materiais como o vidro.

Escritorio c. 1765

Algúns escritorios teñen a forma dunha mesa, aínda que normalmente só un dos lados da mesa é adecuado para sentar (hai algunhas excepcións, como as mesas de reunións),[4] a diferenza das mesas máis usuais. Algúns escritorios non teñen esa, por exemplo, os escritorios de armarios,[5] que é un escritorio construído dentro dun grande armario semellante a un cabinet ou os escritoreios portátiles,[6] que son o suficientemente lixeiros como para colocalos no colo dunha persoa. Dado que moita xente se apoia no escritorio mentres o usa, estes deben ser resistentes. Na maioría dos casos, as persoas están sentadas, ben nunha cadeira separada, ben nunha incorporada (por exemplo, nalgúns escritorios de escola). Algunhas persoas usan escritorios de pé para poder estar ergueitas mentres os usan.

Historia editar

 
Escritorio chinés do século XII

Os escritorios parece que non se empregaron na antigüidade clásica nin noutras civilizacións antigas, aínda que non hai probas específicas. As ilustracións medievais mostran os primeiros mobles que parecen deseñados e construídos para ler e escribir. Antes da invención da imprenta de tipos móbiles no século XV, calquera lector era potencialmente un escritor ou editor ou ambos, xa que calquera libro ou outro documento tiña que ser copiado a man. Os escritorios foron deseñados con rañuras e ganchos para marcadores e para ferramentas de escritura. Dado que os volumes de manuscritos eran ás veces grandes e pesados, os escritorios do período normalmente tiñan estruturas masivas.[7]

Os escritorios do Renacemento e das épocas posteriores tiñan estruturas relativamente máis delgadas e engadíronse cada vez máis caixóns a medida que a carpintería se facía máis precisa e a ebanistería era un oficio distinto. [8] A miúdo é posible descubrir se unha mesa ou outro moble daquela época foi deseñado para ser usado como mesa de traballo, buscando un caixón con tres pequenas separacións (para a tinta, o secador e a bandexa de po) e almacenamento para plumas.

As formas básicas de mesa desenvolvéronse principalmente nos séculos XVII e XVIII. O moderno escritorio ergonómico é un refinamento da mesa de debuxo mecanizada[8] de finais do século XVIII.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para escritorio.
  2. "Desk". The Free Dictionary By Farlex. Consultado o 2012-05-17. 
  3. 3,0 3,1 "Desk". Merriam-Webster. Consultado o 2012-05-17. 
  4. "Partners' desk". Dictionary.com. Consultado o 5 de agosto de 2018. 
  5. "Armoire desk". Webster's Online Dictionary. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2013. Consultado o 2012-05-17. 
  6. "Portable desk". Go Historic. Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2012. Consultado o 2012-05-17. 
  7. "A Short History of Desks". FineWoodWorking.com. Consultado o 2012-05-17. 
  8. "Drawing table". The Free Dictionary By Farlex. Consultado o 2012-05-17. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Aronson, Joseph. The Encyclopedia of Furniture. 3rd edition. Nova York: Crown Publishers Inc., 1965
  • Bedel, Jean. Le grand guide des styles. París: Hachette, 1996
  • Boyce, Charles. Dictionary of Furniture. Nova York: Roundtable Press, 1985
  • Comstock, Helen. American Furniture: 17th, 18th and 19th century styles. Lancaster, Pennsylvania: Schiffer Publishing, Ltd. 1997
  • Duncan, Alastair. Mobilier art déco. París: Thames and Hudson, 2000
  • Forrest, Tim. The Bulfinch Anatomy of Antique Furniture. Londres: Marshall editions, 1996
  • Hinckley, F. Lewis. A Directory of Antique Furniture: The Authentic Classification of European and American Designs. Nova York: Bonanza Books, 1988
  • Moser, Thomas. Measured Shop Drawings for American Furniture. Nova York: Sterling Publishing Inc., 1985
  • Nutting, Wallace. Furniture Treasury. Nova York: Macmillan Publishers, 1963
  • Oglesby, Catherine. French provincial decorative art. Nova York: Charles Scribner's Sons, 1951
  • Payne, Christopher, Ed. Sotheby's Concise Encyclopedia of Furniture. Londres: Conran Octopus, 1989
  • Pélegrin-Genel, Elisabeth. L'art de vivre au bureau. París: Flammarion, 1995
  • Reyniès, Nicole de. Le mobilier domestique: Vocabulaire Typologique. París: Imprimerie Nationale, 1987