Escolas de Ensino Galego Semente

As Escolas de Ensino Galego Semente son unha rede de escolas de Galiza que teñen o galego como lingua vehicular.[1]

Escolas de Ensino Galego Semente
Logo
Tipoescola
Propósitonormalización lingüística
Data de fundaciónnovembro de 2011
Fundador(es)A Gentalha do Pichel
Nomeado en referencia aEscolas de Insiño Galego
EnSantiago de Compostela, Trasancos, Vigo, Lugo, A Coruña e Ourense
PaísGalicia
Na rede
https://semente.gal
Twitter: SementeGZ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Reportaxe en Nós TV.

As escolas Semente son unha iniciativa social sen ánimo de lucro, impulsadas inicialmente pola Asociación Cultural Gentalha do Pichel. Apareceron como un xeito de defender os dereitos lingüísticos dos nenos galegofalantes, nun momento no que a Xunta de Galicia, a través do decreto 79/2010, reducía a presenza do galego na escola e prohibía o seu emprego nas materias científicas.[2]

As escolas toman o seu nome das Escolas de Insiño Galego criadas a comezo do século XX polas Irmandades da Fala.[3]

O proxecto, que comezou en Compostela no 2011 con tres nenos e dous profesores,[4] contaba no ano 2022 con escolas infantís na Coruña, Lugo, Vigo e Ourense, e de educación infantil e primaria en Santiago de Compostela e Trasancos.

En recoñecemento ao seu labor en prol do idioma galego, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua concedeulle no 2020 o premio Mil Primaveras.[5]

Notas editar

  1. Miguel Pardo (6 de novembro de 2018). "Iniciativas sociais polo ensino en galego estenden a 'semente' da inmersión lingüística". Praza Pública. 
  2. "Dez anos do primeiro recorte á protección legal do galego na historia da autonomía". Praza Pública. 2019-12-30. Consultado o 2022-07-18. 
  3. "O projeto". sementecompostela.com. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2022. Consultado o 2022-05-12. 
  4. Semente Compostela (15/04/2020). Projeto Moas: Primeiro passo! (Youtube). 
  5. "Projeto Educativo Semente". Premios Mil Primaveras. Consultado o 18/07/2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar