Escola de Delft (microbioloxía)

Escola de Delft, no eido da microbioloxía, é unha liña de pensamento concibida para reagrupar todos os científicos especializados en microbioloxía formados na Universidade de Tecnoloxía de Delft, nos Países Baixos, ou ben que traballaron nela ou que recibiron formación doutros científicos vinculados a esta universidade[1][2].

Antigo edificio do laboratorio de microbioloxía da Universidade de Tecnoloxía de Delft, onde traballaron Martinus Beijerinck (de 1897 a 1921) e outros destacados membros desta escola.

Historia editar

A idea dunha Escola de Delft no ámbito da microbioloxía foi formulada por primeira vez por Cornelis van Niel en 1949[3].

 
Fotografía dos anos 20 do fundador da escola, Martinus Beijerinck

Considérase a Martinus Beijerinck como o fundador da escola, e entre os seus membros máis coñecidos cópre salientar o de Antoni van Leeuwenhoek.

A Escola de Delft  contribuíu a facer da microbioloxía un eido específico de investigación no seo das ciencias da vida e desenvolveu dentro dela diversas áreas, como a fisioloxía miocrobiana, a ecoloxía microbiana, a utilización de microorganismos como ferramentas da bioloxía molecular e da biotecnoloxía, e aplicacións agrícolas, industriais e microbioloxía ambiental. Caracterízase igualmente polo uso do traballo práctico como método de ensino[4].

Notas editar

  1. "Delft School Arquivado 18 de outubro de 2017 en Wayback Machine.". En Delft University of Technology. (En inglés)
  2. Berkeley, At. "The Heritage of the Delft School of Microbiology Arquivado 13 de maio de 2017 en Wayback Machine.". En The Stadtman Way. (En inglés)
  3. C.B. Van Niel, The ‘Delft School’ and the Rise of General, Microbiology. Bacteriological Reviews 13 (3), 1949, p. 161–174.
  4. J. W. M. la Rivière, Antonie van Leeuwenhoek 71: 3–13, 1997

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar