Escada para peixes

Unha escada para peixes, escaleira de peixes, escala de peixes ou paso para peixes é un tipo de sistema de transferencia para peixes ante a existencia de obstáculos a distintas alturas, como presas. É unha canle con rugosidade artificialmente aumentada e altura progresiva que comunica o nivel do encoro augas arriba da presa co nivel do río augas abaixo da mesma.

Escaleira de peixes nunha presa de Alemaña.

Hai múltiples tipos de escaleiras, pero a construción debe permitir atravesar a presa aos peixes, de diferentes especies, que migran no río que foi cortado por ela. Ten unha función de carácter eminentemente ecolóxico.

Galería multimedia editar

Ligazóns externas editar