Ero Fernández
nobre galego
(Redirección desde «Ero Fernandes»)
Ero Fernández, Ero Fernandes ou Ero Fernandez de Lugo, nado contra o 845 e finado contra o 926, foi un aristócrata galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido ![]() |
Morte | 926 (Gregoriano) ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Galicia ![]() |
Familia![]() | |
Fillos | Aldara de Celanova ![]() |
![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2a/Iglesia_de_San_Salvador_de_Asma.jpg/220px-Iglesia_de_San_Salvador_de_Asma.jpg)
Traxectoria
editarTiña a súa residencia principal en Lugo, onde era conde, pero non conde de Lugo.[1]. Era fillo de Fernando Rodrigues de Monterroso e Guntina. Fundou o mosteiro de San Salvador de Asma en Chantada e o tamén mosteiro de Santa María de Ferreira de Pallares. Casou con Adosinda e tivo a seguinte descendencia:
- Ermesenda Eriz.
- Tareixa Eriz, que casou con Gonzalo Betotiz.
- Ilduara Eriz, máis coñecida como Aldara de Celanova ou Santa Ilduara.
- Godo Eriz.
- Gundesisndo Eriz
- Gugina Eriz.