Ernst Florens Friedrich Chladni, nado en Wittenberg, o 30 de novembro de 1756 e finado en Breslau o 3 de abril de 1827, foi un físico alemán, considerado como o pai da acústica, entre os seus traballos salienta a investigación na vibración de placas e o cálculo da velocidade do son en diferentes gases.[1] Tamén realizou un traballo pioneiro no estudo de meteoritos polo que tamén recibe a denominación depai dos meteoritos.[2]

Ernst Chladni
Nacemento30 de novembro de 1756
Lugar de nacementoLutherstadt Wittenberg
Falecemento3 de abril de 1827
Lugar de falecementoWrocław
SoterradoWrocław
NacionalidadeReino de Prusia
Alma máterUniversidade de Leipzig e Gymnasium St. Augustin
Ocupaciónfísico, astrónomo, matemático, músico e xeólogo
Na rede
WikiTree: Chladni-1
editar datos en Wikidata ]

Familia editar

Nado en Saxonia, a súa familia era orixinaria de Kremnica, entón parte do Reino de Hungría e hoxe unha cidade mineira no centro de Eslovaquia. Ao longo da historia identificouse a Chladni como alemán, húngaro[3] e eslovaco.[4]

 
Martin Chladni, avó de Ernst Chladni.

Chladni procedía dunha familia da elite cultural alemá, con figuras como o seu bisavó o teólogo luterano Georg Chladni (1637–92), o seu avó, Martin Chladni (1669–1725), tamén teólogo luterano que fora profesor de teoloxía na Universidade de Wittenberg e mais tamén reitor da universidade. O seu tío, Justus Georg Chladni (1701–1765), profesor de dereito na universidade, e outro tío, Johann Martin Chladni (1710–1759), teólogo e historiador, profesor na Universidade de Erlangen e mais na de Leipzig.

 
Método empregado por Chladni para crear as súas figuras.

O seu pai, Ernst Martin Chladni (1715–1782), profesor de dereito e reitor da Universidade de Wittenberg, desaprobaba o interese de seu fillo pola ciencia e insistía que se fixese avogado.[5][6][7] E así Chladni estudou leis e filosofía en Wittenberg e Leipzig, e non foi ata a morte de seu pai en 1782, que virou os seus intereses cara á física.[6]

Figuras de Chladni editar

Un dos logros máis coñecidos de Chladni foi o invento dunha técnica para mostrar os diversos modos de vibración dunha superficie ríxida. Chladni repetiu os experimentos pioneiros de Robert Hooke quen, en xullo de 1680, observara os patróns nodais asociados coas vibracións de pratos de vidro.[6]

A técnica de Chladni publicouse por vez primeira en 1787 no seu libro Entdeckungen über die Theorie des Klanges. Consistía en esparexer area sobre finas láminas de metal e facelas vibrar utilizando un arco de violín, formándose así figuras, que constituían patróns xa que a iguais figuras correspondían iguais sons.

Instrumentos musicais editar

Inspirándose na harmónica de vidro inventada por Benjamin Franklin en 1762, Chladni creou en 1791 o euphon, que consistía en varelas de vidro de diferentes tamaños, e que é o antecedente directo do instrumento musical moderno coñecido como Cristal Baschet.[8] Chladni tamén mellorou o "cilindro musical" de Hooke, producindo outro instrumento o clavicilindro en 1799.[6]

Meteoritos editar

En 1794, Chladni publicou Über den Ursprung der von Pallas gefundenen und anderer ihr ähnlicher Eisenmassen und über einige damit in Verbindung stehende Naturerscheinungen no que suxería que os meteoritos tiñan unha orixe extraterrestre.[9][10] Isto era unha afirmación polémica no seu tempo, xa que se pensaba que os meteoritos tiñan unha orixe volcánica.[11] O libro converteu a Chladni nun dos fundadores da investigación moderna sobre os meteoritos

Obras editar

  • 1787: Entdeckungen über die Theorie des Klanges.
  • 1794: Über den Ursprung der von Pallas gefundenen und anderer ihr ähnlicher Eisenmassen.
  • 1802: Die Akustik.
  • 1820: Über Feuermeteore.
  • 1821: Beiträge zur praktischen Akustik und zur Lehre vom Instrumentbau.
  • 1824: Über die Hervorbringung der menschlichen Sprachlaute.
  • 1827: Kurze Übersicht der Schall- und Klanglehre, nebst einem Anhange die Entwickelung und Anordnung der Tonverhältnisse betreffend.

Notas editar

  1. "Whipple Collections: Ernst Chladni" Whipple Museum of the History of Science Arquivado 23 de maio de 2015 en Wayback Machine..
  2. McCoy, T. J.; Steele, I. M.; Keil, K.; Leonard, B. F.; Endress, M.; Steele; Keil; Leonard; Endress (1993). "Chladniite: A New Mineral Honoring the Father of Meteoritics". Meteoritics 28 (3): 394
  3. McLaughlin, Joyce (1998)."Good Vibrations". American Scientist 86 (4): 342
  4. "Life and work of E.F.F. Chladni", D. Ullmann1, The European Physical Journal – Special Topics, Springer, Berlin / Heidelberg, ISSN 1951-6355 (Print) ISSN 1951-6401 (Online), Issue Volume 145, número 1, xuño de 2007
  5. "Life and work of E.F.F. Chladni", D. Ullmann1, The European Physical Journal – Special Topics, Springer, Berlin / Heidelberg, ISSN 1951-6355 (Print) ISSN 1951-6401 (Online), Issue Volume 145, Number 1, June 2007, doi:10.1140/epjst/e2007-00145-4, pp. 25–32
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Daniel P McVeigh (2000). "Ernst Florens Friedrich Chladni". An Early History of the Telephone 1664-1865.
  7. P. 101 Oxford Dictionary of Scientists – Oxford University Press – 1999
  8. "Les Sculptures Sonores: The Sound Sculptures of Bernard and Francois Baschet" Francois Baschet, Leonardo, Vol. 33, No. 4 (2000), pp. 336–337
  9. Chladni, Ernst Florens Friedrich, Über den Ursprung der von Pallas gefundenen und anderer ihr ähnlicher Eisenmassen und über einige damit in Verbindung stehende Naturerscheinungen (Riga, Letonia: Johann Friedrich Hartknoch, 1794).
  10. McSween, Harry Y. (1999). Meteorites and Their Parent Planets (2. ed.). Cambridge : Cambridge University Press.
  11. Williams, Henry Smith (1904). "5".A History of Science 3. Harper. p. 168ff.