Ernst Julius Öpik, nado o 23 de outubro de 1893, en Kunda, Estonia, e finado o 10 de setembro de 1985, en Bangor, Irlanda do Norte, foi un astrónomo e astrofísico estoniano. Traballou durante gran parte da súa vida (1948-1981) no Armagh Observatory de Irlanda do Norte.

Modelo:BiografíaErnst Öpik

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(et) Ernst Julius Öpik Editar o valor en Wikidata
22 de outubro de 1893 Editar o valor en Wikidata
Kunda (Imperio Ruso) Editar o valor en Wikidata
Morte10 de setembro de 1985 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Bangor (Reino Unido) Editar o valor en Wikidata
EducaciónFaculty of Physics and Mathematics of Moscow Imperial University (en) Traducir (1912–1916)
Gustav Adolf Grammar School (en) Traducir (1900–1911) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstronomía, astrofísica, meteoro (pt) Traducir, cometa, planetoide e estrela Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónastrónomo, científico, compositor, astrofísico, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Maryland, Professor visitante (pt) Traducir (1956–)
Armagh Observatory & Planetarium (en) Traducir (1948–1981)
Universidade do Báltico (pt) Traducir (1946–1947)
Universidade de Tartu (1934–1944)
Harvard College Observatory (pt) Traducir (1930–1934)
Universidade de Tartu (1921–1930)
National University of Uzbekistan (en) Traducir (1919–1921) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
ConflitoGuerra Civil Rusa Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoGrigori Kuzmin Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosUuno Öpik, Helgi Öpik Editar o valor en Wikidata
IrmánsArmin Öpik
Paul Öpik
Oskar Öpik Editar o valor en Wikidata
ParentesLembit Öpik, neto Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteAstronomers: A Biographical Reference (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Öpik estudou na Universidade de Moscova, e especializouse no estudo de corpos celestes distantes, como asteroides, cometas e meteoroides. Completou o seu doutoramento na Universidade de Tartu. En 1922 predixo que en Marte habería unha chea de cráteres moito antes de que se comprobara mediante sondas espaciais. En 1932 postulou unha teoría acerca das orixes dos cometas no noso sistema solar. El cría que estes cometas orbitaban nunha nube que se encontraba máis aló da órbita de Plutón. Esta nube coñeceríase máis tarde como a nube de Oort. Tamén inventou a rocking camera, que permite determinar a velocidade á que entran os meteoros na atmosfera. Foi o primeiro en calcular a densidade dunha anana branca (40 Eri B) en 1915, e en determinar a distancia exacta dun obxecto intergaláctico (Andrómeda), en 1922. En 1944, Öpik deixou o seu país natal debido ao medo da inminente entrada do exército vermello en Estonia. Viviu en Alemaña como refuxiado, e exerceu como reitor na Universidade do Báltico para refuxiados. En 1948, o Armagh Observatory ofreceulle un posto de traballo que Ernst no dubidou en aceptar. Tamén formulou a Teoría do Universo Pulsante.

En 1975 recibiu a Medalla de Uuro da Royal Astronomical Society, en 1976 foille concedida a Medalla Bruce, e en 1960 outorgóuselle a Medalla J. Lawrence Smith. O asteroide (2099) Öpik foi chamado así na súa honra.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar