Ernesto X. González Seoane

lingüista galego
(Redirixido desde "Ernesto González")

Ernesto Xosé González Seoane, nado no Porto do Barqueiro (Mañón) en 1962, é un lingüista galego, foi director do Instituto da Lingua Galega e membro correspondente da Real Academia Galega dende 2004[1].

Ernesto X. González Seoane
Nacemento1962
 O Porto do Barqueiro
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónlingüista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

En 1985 licenciouse en filoloxía hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1992 doutorouse coa tese A ortografía e a gramática do galego nos estudios gramaticais do s. XIX e primeiros anos do XX, coa que logrou o premio extraordinario de doutoramento. Profesor e máis tarde catedrático do departamento de filoloxía galega da USC, foi decano da facultade de filoloxía (2004-2012). Dirixiu o Dicionario de dicionarios do galego medieval e editou obras de Castelao e Ramón Otero Pedrayo. Dende 2013 é o director do ILG[2].

NotasEditar