Ernesto Baltar Feijoo

avogado e político galego

Ernesto Baltar Feijoo, nado en Padrón en 1943 e finado en Pontevedra o 26 de xaneiro de 2021,[1] foi un avogado e político galego.

Infotaula de personaErnesto Baltar Feijoo
Biografía
Nacemento1943 Editar o valor em Wikidata
Padrón, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xaneiro de 2021 Editar o valor em Wikidata (77/78 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiErnesto Baltar Santaló Editar o valor em Wikidata
IrmánsRamón Baltar Feijoo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Ernesto Baltar Santaló. Avogado en Pontevedra, foi presidente do Liceo Casino de Pontevedra. Pertenceu a Democracia Cristiá de Ruíz Giménez, despois ao Partido Galeguista e foi militante de Coalición Galega. Foi candidato de Coalición Galega ao Congreso pola provincia de Pontevedra en 1986. Concelleiro de Pontevedra dende 1987 como independente na lista de Alianza Popular, foi portavoz do grupo municipal de AP no concello de Pontevedra. En 1989 integrouse no PPdeG.[2] Foi vogal da comisión de calidade do Consello Social da Universidade de Vigo.

Notas editar