Ermengarda de Tours

Ermengarda de Tours[1], nada en Alsacia en 804 e finada o 20 de marzo de 851, foi unha emperatriz carolinxia de Occidente, esposa de Lotario I. Era filla do conde Hugo de Tours e da Alta Alsacia (m. 837) e de Ava. En 821 casou con Lotario I (fillo de Luís o Piadoso ) en Thionville (en alemán: Diedenhoffen).

Ermengarda de Tours
Nacemento804
Lugar de nacementovalor descoñecido
Falecemento20 de marzo de 851
Lugar de falecementoErstein
NacionalidadeAlemaña
PaiHugo III de Tours
NaiAva de Morvois
CónxuxeLotario I
FillosLuís II o Mozo, Lotário II da Lotaríngia, Carlos da Provença, Iltruda, Berta, (Ermengarda), Gisla e Rotrude
IrmánsAdelaide de Tours e Berta de Tours
Na rede
WikiTree: Liutfride-2
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Crese que pasou a súa mocidade no mosteiro de Sainte-Julie en Bressanone (antiga Brixen) onde se educou e foi elixida abadesa sucedendo á falecida Amalperga. Lotario pediuna en matrimonio despois 817 e casaron o 15 de outubro de 821 en Thionville en presenza de 31 bispos, entre eles Adeloc de Estrasburgo. Lotario concedeulle o protectorado da abadía de Brixen. A súa vida viu os incidentes que marcaron o ascenso de Lotario ao imperio en 833 e a súa submisión en 834, o divorcio seguido dun segundo matrimonio con Waldrada do seu fillo Lotario II e o rapto da súa filla Ermengarda polo conde Xisleberto de Maasgau en 846. Pouco a pouco influíu no seu marido que moderou o seu carácter e está detrás de varios diplomas de doazóns feitos por Lotario I.

En 836 recibiu do seu tío paterno Leutgard de Sundgau extensas terras en Alsacia, incluíndo Échery onde tería construído un santuario, pero os Annales de Saint Bertin e a Carta de Vézelay só apuntan a que o seu pai Hugo de Tours foi o construtor dos santuarios de Echéry; o santuario foi cedido por Ermengarda, co acordo do seu marido, ao abade de Gorze[2]. En 849 Ermengarda fundou a abadía de Erstein en terreos cedidos polo seu marido, fundación que figura nun diploma conservado asinado polo papa León IV, e retirouse a este mosteiro onde morreu o Venres Santo 20 de marzo de 851.

Descendentes Editar

Tivo varios fillos con Lotario pero os historiadores non están de acordo co seu número. Os nenos que nomeados son:

Notas Editar

  1. Xenealoxía
  2. Esta doazón foi supostamente confirmada por Lotario II nun diploma datado en Estrasburgo o 15 de outubro de 859, pero este diploma é falso
  3. Le Gendre, Histoire de France, volume 8

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

  • Bernhard, J. - Histoire de l'abbaye et de la ville d'Erstein, 1883
  • Grandidier PA : Œuvres historiques inédites, Colmar 1865 - 6 volumes.
  • Grandidier Philippe-André: Histoire de l'Église et des princes-évêques de Strasbourg, hasta nos jours - 2 volumes, Estrasburg 1776, Imprimerie François Levrault.
  • Grandidier PA - Histoire ecclésiastique, militaire, civile et littéraire de la province d'Alsace, Estrasburgo, 1787, Lorenzi e Schulerii (tomo I) e Levrault (tomo II).
  • Parisot, Robert : The Kingdom of Lothaire under the Carolingians, París, 1899, Alphonse Picard and Sons Publishers.
  • Perny, Guy : Aldaric, duc d'Alsace, Jérôme Do Bentzinger éditeur, Colmar, 2004 ISBN 2 84960 023 7.
  • Pfister, Christian : Le Duché mérovingien sous les Carolingiens, Annales de l'Est, 1888, 1889, 1892, Nancy.
  • Sitzmann, Edward : Dictionnaire de biographie des hommes célèbres de l'Alsace, Rixheim, 1907, Imprimerie F. Sutter & Cie, 2 volumes.
  • Vignier, Jérôme : La Véritable Origine des très illustres maisons d'Alsace, de Lorraine, d'Autriche, de Bade et de quantités autres, París, 1649.