Erik Maell

ilustrador e deseñador de moedas estadounidense

Erik Maell, nado en Columbus, Ohio, é un ilustrador e deseñador de moedas estadounidense.

Erik Maell

Nacemento
  Columbus, Ohio.
Estados Unidos de América Estados Unidos
ÁreaIlustración e deseño de moedas.
EducaciónColumbus College of Art and Design.
Nacionalidade Estadounidense.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Erik Maell cursou estudos superiores de Belas Artes no Columbus College of Art and Design, da súa cidade natal, no que se graduou en 1994,[1] cunha dobre especialización en Belas Artes e Ilustración.[2][3]

A súa obra pictórica foi obxecto de exposicións, tanto individuais como colectivas, en América e en Europa,[1] e como ilustrador traballou en diversos ámbitos, como a industria editorial, o deseño publicitario, a creación de logotipos e o deseño de páxinas web.[2][3]

Como ilustrador e deseñador gráfico independente, desenvolveu proxectos para clientes como Lucasfilm, Walt Disney Corporation, Universal Studios, Marvel Comics e DC Comics.[1][2]

Ademais, Erik Maell foi elixido polo Banco Central de Chipre para deseñar, xunto coa ilustradora chipriota Tatiana Soteropoulos, os anversos nacionais dese país da serie completa de moedas do euro, desde a dun céntimo ata a de dous euros, que comezaron a emitirse en 2002.[2][3][4][5]

En 2015, Maell publicou un libro titulado Mona Lisa Reimagined, no que compila unha serie de varios centos de recreacións desta mítica pintura.[1][2][3][6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Mona Lisa Reimagined. Erik Maell". Columbus College of Art & Design.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Erik Maell". cy.ikedin.com
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Special Guest: Erik Maell". Cypruscomiccon.org
  4. Serie de moedas deseñadas por Erik Maell. Numista.com
  5. "Cyprus: Euro and cent coins". Deutsche Bundesbank. Eusosystem.
  6. Maell, E. (2015). Mona Lisa Reimagined. Goff Books. ISBN 978-1939621269

Véxase tamén editar

Outros artigos editar