Eric Geboers

Eric Geboers, nado en Neerpelt o 5 de agosto de 1962 e finado en Mol o 6 de maio de 2018, foi un piloto de motocrós flamengo, gañador de dous campionatos mundiais na categoría de 500 cc, 250 cc e tres en 125 cc.[1] ademais, como parte do equipo de Bélxica gañou a Coupe des Nations en 1983. Familiarmente coñecido como The Kid, é o irmán máis novo de Sylvain Geboers, aspirante na década de 1970 ao título de 250 cc.

Eric Geboers
AlcumeThe Kid, Mr. 875
Nacemento5 de agosto de 1962
 Neerpelt
Falecemento6 de maio de 2018
 Mol
Causaafogamento
NacionalidadeBélxica
Ocupaciónenxeñeiro, piloto de motocrós e piloto de automobilismo
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Eric Geboers, coñecido no mundo do motocrós como "Mr. 875cc", por ser o primeiro en gañar o título mundial das tres cilindradas (125, 250 e 500 cc), adiantándose ao seu compañeiro de equipo Georges Jobé que o intentou, sen éxito, na mesma época. En 1988 recibiu o premio como Deportista belga do ano e dous anos despois retirouse da alta competición tras rematar o GP de Bélxica, disputado en Namur o 5 de agosto de 1990.

Logo participou en carreiras de resistencia de automobilismo en coches deportivos competindo nas tempadas 2001 e 2002 no Campionato FIA GT, e tomando parte en carreiras como os 500 km do Jarama e as 24 Horas de Spa.

Dirixiu o equipo Teka Suzuki motocross team, canda o seu irmán Sylvain, patrocinando condutores belagas, como Steve Ramon ou Clement Desalle. Morreu afogado na localidade de Mol, preto de Anveres, ao intentar salvar o seu can[2].

NotasEditar