Era Istrefi
Era Istrefi (nada o 4 de xullo de 1994), tamén coñecida como Era (estilizado ERA), é unha cantante e compositora kosovar. Ela acadou a fama co seu sinxelo debut "Mani për money" en 2013, co que conseguiu unha retroacción positiva e a atención do público. As súas cancións "A po don" e "E dehun", conseguiron o mesmo recoñecemento. En xuño de 2014, ela gañou tres Videofest awards polos seus vídeos musicais, incluíndo "Mellor artista nova" polo seu traballo en 2013. É a irmá máis nova da popular cantante de fala albanesa Nora Istrefi.
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xullo de 1994 (29 anos) Pristina (República Federal de Iugoslavia) |
Datos persoais | |
Outros nomes | Era |
País de nacionalidade | Kosovo Albania |
Actividade | |
Ocupación | cantante , cantautora |
Período de actividade | 2012 - |
Xénero artístico | Música pop, electronic dance music (pt) , música trap, dancehall (pt) , R&B contemporáneo e dubstep |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Ultra Records RCA Records Nesër Music (en) Sony Music Entertainment Ultra Music |
Familia | |
Irmáns | Nora Istrefi (en) |
En 2015 Era gañou un millón de visitas no YouTube nunha semana coa canción "Njo si ti". O seu primeiro dueto co rapeiro kosovar Ledri Vula, "Shumë pis", foi considerada canción do verán.
En xaneiro de 2015, Istrefi acadou fama internacional co lanzamento do seu sinxelo "BonBon", acadando 30 millóns de visitas no YouTube e comparacións con cantantes do talle de Rihanna ou Sia. Seguindo coa fama do sinxelo, ela firmou cos selos americanos Sony Music e Ultra Music en febreiro de 2016.[1]
Discografía
editarAs cancións de son escritas principalmente en Albanés Gheg (dialecto albanés falado en Kosovo).
Sinxelos
editar- 2013: "Mani për money"
- 2014: "A po don?"
- 2014: "E dehun"
- 2014: "13"
- 2015: "Njo si ti"
- 2015: "Shumë pis"
- 2015: "BonBon"
Notas
editar- ↑ "Era Istrefi firmos me Sony Music" (en al). Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2016. Consultado o 22 de febreiro de 2016.