Zebro

(Redirección desde «Equus hydruntinus»)
Zebro
Equus hydruntinus

Perna de Equus hydruntinus
Estado de conservación

Extinto
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Perissodactyla
Familia: Equidae
Xénero: Equus
Subxénero: Asinus
Especie: E. hydruntinus''
Nome binomial
'Equus hydruntinus'

O zebro[1] (Equus hydruntinus) é unha especie extinta de equino que viviu en Eurasia.

Características

editar

O primeiro fósil do que se ten coñecemento data de hai 300 000 anos e non se extinguiu até o Holoceno. A finais do Plistoceno era moi común no oeste de Eurasia, dende Oriente Medio até Europa, especialmente na zona do Mediterráneo, con fósiles descubertos en Sicilia, Turquía, España, Francia e Portugal. Cara ao leste semella que o seu ámbito abranguía até o Volga e Irán. Cara ao norte chegaba case ó Mar do Norte en Alemaña. Morfoloxicamente, distínguese dos asnos e dos onagros polos seus dentes molares e polo seu fociño relativamente curto. A súa clasificación exacta aínda é incerta, pero as análises xenéticas e morfolóxicas suxiren que é moito máis achegado ó onagro.[2][3]

Na Península Ibérica pode ser que sobrevivise até o século XVI.[4][5]

Etimoloxía

editar

O epíteto específico, hydruntinus, significa de Otranto (Hydruntum en latín).

  1. López Fernández, Alfredo (13 de xullo de 2015). "A bordo da sexta extinción?". Terra e Tempo. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2015. Consultado o 15 de xullo de 2015. 
  2. Ariane Burke, Vera Eisenmann and Graeme K. Ambler: The systematic position of Equus hydruntinus, an extinct species of Pleistocene equid. Quaternary Research, Volume 59, Issue 3, maio de 2003, Pages 459-469.
  3. LUDOVIC ORLANDO, MARYAM MACHKOUR, ARIANE BURKE, CHRISTOPHE J. DOUADY, VÉRA EISENMANN and CATHERINE HÄNNI: Geographic distribution of an extinct equid (Equus hydruntinus: Mammalia, Equidae) revealed by morphological and genetical analyses of fossils. Molecular Ecology Volume 15 Issue 8 Page 2083-2093, xullo de 2006. online Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
  4. Costa, Xoán (15 de xullo de 2015). "Zebra: o nome galego que do Cebreiro pasou para a África". Sermos Galiza. Consultado o 15 de xullo de 2015. 
  5. ""Ecología eficaz en la vida rural de montaña"" (PDF). Universidade Autónoma de Madrid. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de abril de 2012. Consultado o 22 de xuño de 2013.  Arquivado 12 de abril de 2012 en Wayback Machine.