Equipo Nizkor é unha organización de dereitos humanos especializada en dereito internacional, dereitos humanos e humanitarios, dereitos civís e dereitos económicos e sociais.

Equipo Nizkor
TipoOrganización non gobernamental
Na rede
http://www.derechos.org/nizkor/
editar datos en Wikidata ]

Levan a cabo traballos de dixitalización de documentos en contacto con organizacións e activistas dos dereitos humanos de máis de 90 países. Tamén manteñen unha rede internacional de información e outra de solidariedade urxente sobre violacións de dereitos humanos que chega a uns 18.000 activistas e organizacións de dereitos humanos en español e a uns 3.000 en inglés.

O nome Nizkor (נזכור) é un verbo hebreo que significa "os que nunca esquecemos" ou "os que sempre lembramos" e foi adoptado para reflectir as intencións do colectivo: manter a memoria e loitar contra as correntes negacionistas da historia a través da conservación dos documentos históricos.

O Equipo Nizkor é un referente en asesoramento xurídico para numerosas organizacións que representan ás vítimas da vulneración dos seus dereitos humanos en América Latina, Europa e Estados Unidos.

Entre outras actividades, participaron, en coordinación coa acusación particular, no chamado caso Pinochet e redactaron o informe La cuestión de la impunidad en España y los crímenes franquistas.

O Equipo de Nizkor está asociado con Dereitos Human Rights, a Rede Europea de Liberdades Civís (ECLN) e a Campaña Global pola Liberdade en Internet (GILC). Tamén colabora coa Organización Mundial contra a Tortura.[1]

O seu presidente de 1996 a 2011 foi Gregorio Dionis.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar