Os Equeneidos (Echeneidae) ou rémoras son unha familia de peixes mariños incluída na ordedos Perciformes. Están distribuídas por tódolos océanos do mundo.

Echeneis naucrates

As rémoras caracterízanse por se adheriren a outros peixes máis grandes, tartarugas, baleas etc., practicando un comensalismo típico. Algunhas especies presentan unha gran especificidade pola especie do hóspede ó que pegan.

Actúan como limpiadores dos seus anfitrións e aliméntanse dos restos de alimento que deixan estes.

Características editar

Teñen un corpo alargado, con escamas cicloides pequenas. A cabeza está esmagada e presenta na parte superior un disco elíptico, "disco de succión", dotado de entre 10 e 28 láminas ou cristas tranversais que lles permiten adherirse con forza á pel doutros animais maiores ó producir o baleiro. Probablemente esta formación evolucionou a partir dunha espiña da aleta dorsal. Boca terminal, algo súpera, coa mandíbula inferior proxectada cara a diante e adiantando claramente a superior. Carecen de vexiga natatoria.

Aletas dorsal e anal opostas, posteriores e con 18-40 radios brandos, sen espiñas. As pectorais e pelvianas insírense ó mesmo nivel. Caudal fendida.

Os talles máximos chegan a 1 m de lonxitude (Echeines naucrates). A especie máis pequena só mide 17 cm.

Clasificación editar

 
Dugong arrastrando unha rémora

Divídense en catro xéneros e oito especies:

  • Xénero Echeneis (Linnaeus, 1758):
    • Echeneis naucrates (Linnaeus, 1758)
    • Echeneis neucratoides (Zuiew, 1786)
  • Xénero Phtheirichthys (Gill, 1862):
    • Phtheirichthys lineatus (Menzies, 1791)
  • Xénero Remora (Gill, 1862):
    • Remora australis (Bennett, 1840)
    • Remora brachyptera (Lowe, 1839)
    • Remora osteochir (Cuvier, 1829)
    • Remora remora (Linnaeus, 1758)
  • Xénero Remorina (Jordan e Evermann, 1896):
    • Remorina albescens (Temminck e Schlegel, 1850)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar