Epsilon Ursae Majoris

Epsilon Ursae Majoris (ε Ursae Majoris / ε UMa) ou máis coñecida coma Alioth é unha estrela na constelación da Osa Maior, a súa magnitude é de 1,76, é a 31ª estrela máis brillante do ceo. É unha variable do tipo Alpha Canum Venaticorum, o seu tipo espectral é A0 e está localizada a 77 anos luz da Terra. Esta estrela, xunto con Alkaid, Mizar, Megrez, Phecda, Merak e Dubhe forma un dos asterismos máis famosos, o chamado Cazo ou Carro, e coñecido en Galicia coma Setestrelo.

Figura do asterismo coñecido en Galicia coma o setestrelo

Véxase tamén editar

Outros artigos editar