Epidermodisplasia verruciforme

A epidermodisplasia verruciforme (tamén chamada displasia de Lewandowsky-Lutz ou epidermodisplasia verruciforme de Lutz-Lewandowsky ou enfermidade do home-árbore) é unha rara doenza de orixe xenética asociada a un alto risco de carcinoma.[1] Caracterízase pola susceptibilidade anormal ó virus do papiloma humano (VPH).[2] O resultado non controlado de infeccións por VPH trae como consecuencia o desenvolvemento de escamas máculas e pápulas, sobre todo en mans e pés. É tipicamente asociados a tipos de VPH 5 e 8, que se atopan en preto do 80% da poboación normal, como as infeccións asintomáticas, aínda que outros tipos tamén poden contribuír.[3][3][4]

Epidermodisplasia verruciforme
Clasificación e recursos externos
Abul Bajandar, de Bangladesh, diagnosticado de epidermodisplasia verruciforme (2016)
OMIM226400 305350
DiseasesDB31394
MeSHD004819
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A condición adoita comezar entre as idades de 1 a 20 anos, pero en ocasións pódese presentar en persoas de mediana idade.[5][5] O nome débese ós dermatólogos que documentaron por primeira vez un caso, Félix Lewandowsky (1879-1921) e Wilhelm Lutz (1888-1958).[6]

Aínda que a súa incidencia na poboación é máis ben escasa, existen casos de sona desta doenza. Dede Koswara ó cumprir 35 anos, notou que das súas mans e pés xurdían uns tecidos semellantes ás raíces das árbores. Tras varias probas, os médicos detectaron que o mozo indonesio, sufría unha condición estraña chamada epidermodisplasia verruciforme. Esta enfermidade é de orixe xenética.

Notas editar

  1. Ramoz N, Rueda LA, Bouadjar B, Montoya LS, Orth G, Favre M. "Mutations in two adjacent novel genes are associated with epidermodysplasia verruciformis". Nature Genetics (4). PMID 12426567. doi:10.1038/ng1044. 
  2. Lazarczyk M, Pons C, Mendoza JA, Cassonnet P, Jacob Y, Favre M. "Regulation of cellular zinc balance as a potential mechanism of EVER-mediated protection against pathogenesis by cutaneous oncogenic human papillomaviruses" (1). PMC 2234378. PMID 18158319. doi:10.1084/jem.20071311. 
  3. 3,0 3,1 Orth G. "Epidermodysplasia verruciformis: a model for understanding the oncogenicity of human papillomaviruses". PMID 3013521. 
  4. Antonsson A, Forslund O, Ekberg H, Sterner G, Hansson BG. "The ubiquity and impressive genomic diversity of human skin papillomaviruses suggest a commensalic nature of these viruses" (24). PMC 112445. PMID 11090162. doi:10.1128/JVI.74.24.11636-11641.2000. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 12 de xaneiro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 Gül U, Kiliç A, Gönül M, Cakmak SK, Bayis SS. "Clinical aspects of epidermodysplasia verruciformis and review of the literature" (10). PMID 17910717. doi:10.1111/j.1365-4632.2006.03014.x. 
  6. Lewandowsky-Lutz dysplasia: Who Named It?