Entremés al feliz y real parto de nuestra Reyna

Entremés al feliz y real parto de nuestra Reyna é unha peza teatral escrita en 1707 por Salvador Francisco Roel.

CaracterísticasEditar

 
Ramón Mariño Paz, Julio González Montañés e Anxo Angueira na presentación da edición de Laiovento na Libraría Paz de Pontevedra (26/11/2019)

O entremés está enmarcado na Guerra de Sucesión española para celebrar o nacemento do primoxénito de Filipe V e María Gabriela de Savoia que reinaría brevemente como Luís I.[1] É unha obra de teatro breve en verso na que participan seis personaxes populares: tres homes e tres mulleres. Estes reciben a nova, que despois celebran, do nacemento do príncipe herdeiro de Felipe V no contexto histórico da Guerra de Sucesión

É o texto máis antigo impreso en lingua galega publicado como obra independente. Foi descuberto por Julio González Montañés e editado, lematizado e etiquetado por Rosario Álvarez e Ernesto González Seoane.[2]

En 2019 Laiovento editou O Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña con estudos de Julio González Montañés (edición), Anxo Angueira (literario) e Ramón Mariño Paz (lingua).[3] Foi representado na Coruña en 1707 e impreso en Compostela entre 1708 e 1712. Trátase dunha obra de teatro breve en verso na que participan seis personaxes populares: tres homes e tres mulleres. Estes reciben a nova, que despois celebran, do nacemento do príncipe herdeiro de Felipe V (o futuro Luís I) no contexto histórico da Guerra de Sucesión.

NotasEditar

  1. USC (ed.). "O ILG pon á disposición do público un novo corpus lingüístico para o galego". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2018. Consultado o 16 de maio de 2018. 
  2. "Gondomar". ilg.usc.gal. Consultado o 2019-11-27. 
  3. "Edicións Laiovento - ENTREMÉS GALEGO AO FELIZ E REAL PARTO DA NOSA RAÍÑA (1707)". www.laiovento.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2019. Consultado o 2019-11-27.