Entrambasaguas
Entrambasaguas é un concello de Cantabria, en España, pertencente á comarca de Trasmiera. Tiña unha poboación de 4.931 habitantes en 2015.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cantabria | ||||
Capital | Entrambasaguas (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.568 (2023) (128,89 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 43,2 km² | ||||
Altitude | 45 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Mayor of Entrambasaguas (en) | Rosendo Carriles Edesa (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 39715 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 39028 | ||||
Páxina web | entrambasaguas.org |
Limita ao norte cos municipios de Marina de Cudeyo e Ribamontán al Monte, ao sur con Ruesga, ao leste con Solórzano e ao oeste con Medio Cudeyo e Riotuerto. Ademais da localidade de Entrambasaguas, hai no concello outras seis: El Bosque, Hornedo, Hoznayo, Navajeda, Puente Agüero e Santa Marina.
Entre o seu patrimonio destacan o Palacio dos Acebedo, o Palacio dos Fernández de Velasco e a fonte do Francés.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Entrambasaguas |
- Sitio web do concello Arquivado 18 de marzo de 2016 en Wayback Machine.