Vertedoiro (lixo)
(Redirección desde «Enterramento sanitario»)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Vertedoiro (homónimos).
Un vertedoiro[1] é un lugar onde se acumulan o lixo e os residuos. Poden ser autorizados ou clandestinos.
Tipos de vertedoiros
editar- Vertedoiro clandestino ou descontrolado: É un lugar que, sen consideracións medioambientais, é empregado por un grupo humano para depositar os seus residuos sólidos. Son unha grave fonte de contaminación, doenzas e outros problemas.
- Vertedoiro municipal ou urbano: É un vertedoiro que baixo certas consideracións ou estudos de tipo económico, social e ambiental, é empregado polos gobernos municipais para acumular o lixo. Tamén son coñecidos como "vertedoiros controlados" ou "enterramentos sanitarios".
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para vertedoiro.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vertedoiro |