Ensayos poéticos en dialecto berciano

obra literaria de Antonio Fernández Morales

Ensayos poéticos en dialecto berciano[1] é un libro publicado en 1861, obra de Antonio Fernández Morales, escrito na súa maior parte, en dialecto berciano.

Ensayos poéticos en dialecto berciano
Autor/aAntonio Fernández Morales
OrixeEspaña
Linguadialecto berciano
Xénero(s)poesía
Data de pub.1861
editar datos en Wikidata ]

Características editar

Está considerado coma o segundo libro escrito en galego durante o Rexurdimento, despois d' A gaita gallega de Xoán Manuel Pintos. Este libro está escrito en dialecto berciano, considerado polo autor como forma dialectal do Bierzo do idioma galego ("Entre o galego i o seu dialecto berciano", "O Berciano é un sub-dialecto galego", "aínda que o berciano é un subdialecto galego"...). Segundo explica o autor no prólogo, foi animado a publicalo polo frenólogo e filólogo Mariano Cubí Soler, con que mantivo unha relación epistolar moi fecunda a partir de 1847[2].

Conta cunha introdución sobre linguas, dialectos, subdialectos e xergas en xeral, e a orixe do dialecto berciano, lingua e dialectos casteláns e galegos en particular realizada por Mariano Cubí Soler, autor de varias obras filolóxicas. Componse de 8000 versos distribuídos en 15 poemas en galego e un bilingüe castelán-berciano, e inclúe tamén unha oitava de Pascual Fernández Baeza, un soneto de Mateo Garza, unha oitava de Deogracias L. Villalibre ao autor, unha composición de José de Estrañi ao autor e un catálogo de voces do dialecto berciano.

Edición editar

En 2003 reeditouno o Instituto de Estudios Bercianos[3], e no ano 2016 Edicións Positivas publicou unha nova edición[4].

Notas editar

  1. O seu título completo é Ensayos poéticos en dialecto berciano, por el comandante de infantería e inspector provincial de estadística, D. Antonio Fernández y Morales, con una introducción sobre lenguas, dialectos, subdialectos y jergas en general, y el origen del berciano, lengua y dialectos castellanos y gallegos en particular, por D. Mariano Cubí y Soler, autor de varias obras filológicas, fundados de dos colegios literarios, y propagador de la frenología en España.
  2. Silveiro Fernández, Héctor (2019). Cartas e composiciois autógrafas de Antonio Fernández Morales a Mariano Cubí. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-23-6. 
  3. "Lengua y literatura: Ensayos Poéticos en Dialecto Berciano". www.ieb.org.es. Consultado o 2022-01-14. 
  4. "ENSAYOS POÉTICOS EN DIALECTO BERCIANO". EDICIÓNS POSITIVAS - Galicia (en castelán). Consultado o 2022-01-14. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar